Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CLOACAS

            O informe que tanto gusta a Inda, do que récelo ata Fernández Díaz Inda deu por válido o denostado informe PISA (as iniciais de Pablo Igrexas Sociedade Anónima): unha compilación de recortes de titulares de medios de comunicación, extractos bancarios e información feita pública polo propio partido. Para Inda este documento está "moi ben elaborado desde un punto de vista probatorio", ten "unha precisión tremenda" e reflicte "un relato moi pormenorizado", ademais de estar "asinado por altos mandos de Policía". A realidade é que o informe non ten firma, non recolle ningún identificativo do axente que o elaborou, e ningunha instancia, nin sequera a Fiscalía, quixo actuar con estas bases. De feito, o propio exministro do Interior reprobado polo Congreso dos Deputados, Jorge Fernández Díaz, recoñeceu, no marco da comisión parlamentaria que levaba o seu nome, que a existencia deste informe, cuxo orixe non puido detallar, "sería" irregular. Este informe foi paseado por todos os platós durante a campaña electoral, e a intención de quen o esgrimían era vendelo como froito dunha investigación da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF), algo que se demostrou falso. Sorprende que o departamento de Fernández Díaz non se molestase en aclarar esta realidade, pero o texto encádrase entre os traballos das chamadas Cloacas de Interior. Aínda que Inda e o PP o omitan, o Congreso considera probado que o exministro empregou fondos, recursos e o traballo de funcionarios públicos para fabricar probas contra os seus adversarios políticos, entre eles o propio Igrexas, e varios partidos independentistas cataláns.

NON SABE

NON SABE

  o avogado non sabe que o ordenador do PP se destruiu só

  As contas de Catalunya, intervindas/intervidas. O Govern que saíu das urnas, unha parte en prisión e outra en Bélxica. O Concello de Madrid, intervido. As Leises das Córtes Valencianes contra a pobreza enerxética e da función social da vivenda, entre outras, denunciadas ante o Constitucional polo Executivo. Incluso a retirada de rúas con nomenclatura franquista en Alacante foi denunciada polo Partido Popular e suspendida pola Xustiza. É só unha mostra da ofensiva total. A guerra de guerrillas ou a guerra de posicións, que diría outro. A paralización da acción do adversario político. Os conservadores sábense fortes e tras varios anos á defensiva pasan ao ataque. Con todo o que teñen ao seu alcance. Institucións e o que sexa necesario. O que foi alcalde de Xaen, onde deixou o concello na ruína, será o comisionado do PP pra intervir o concello de Madrid, un concello no que o remanente orzamentario se destinaba a fins sociais, alo mal visto polo PP. Pero o que mais lles amolou foi que poñesen en evidencia a mala xestión de Galardón e da Botella

NUNCA MAIS

 

   Muxía foi a zona 0 do Prestige. Algúns paisanos da zona contemplaban con mirada socarrona e media sonrisa, como os voluntarios recollían o fuel. Nas primeiras eleccións, logo da catástrofe, o PP arrasa en Muxía. O PP derramara millóns en subvencións. Cerebros pequenos e estómagos grandes explican o fenómeno. Hoxe, aínda é o día en que non se tomou ningunha medidas, das enunciada, pra evitar outra catástrofe

 

AFILIANSE

AFILIANSE

 

   Nunha  nova estratexia de defensa, os independistas encarcelados van a afiliarse ó PP, pra saír libres                                                              

EN HORAS

 

 O encadeamento dun colectivo político decidiuse en horas, en contraste o proceso a Fabra, con fraco resultado, durou nove anos, o cuñado do Rei, non pisou a cadea, o mesmo que Rato  e outro do PP. E se un xuíz lles poñen as cousas mal, o xuíz vai a  rúa  

 

Ó FRONTE

 

    Cando imos a un caixeiro miramos de esguello por nos atracan polas costas e nos quitan  o diñeiro; sen darnos conta que os ladróns os temos de fronte. Do mesmo xeito, o goberno entretennos con Cataluña pra despistarnos e non nos demos conta de como arruínan ó país. Con incremento da débeda en 278 millóns de euros diarios, xa é a maior de Europa, sanidade e educación camiño da ruína, pensión en perigo. Solo un 10% dos coidadores, con sorte, cobrará pensión. A luz non deixa de subir. A corrupción non ten freo. Si non houbera o problema de Cataluña, habería que inventalo  

 

OSITO

 

 

  Deu a volta ó mundo un comentario e burla dun grupo de policías, logo da visita na AN dos independentistas de Cataluña, chamándolle osito a Junqueras o cal deixa en mal lugar o colectivo e da pábulo ás manifestacións do avogado defensor sobre as vexacións que sufriron os detidos, durante o traslado á cárcere

 

ALUCINANTE

 

   Canto mais pasa mais me inquieta o artigo 155. Un PP que quere intervir TV13. Eles coa súa pluralidade informativa de TVE. Intervir as finanzas da Genralitat, que acabaron coa ucha das pensións, que fixeron de España o país con mais déficit de Europa. Que ameazan, onde son oposición, co artigo 155. Non teñen a forza moral pra aplicar o artigo 155 

CATRO GATOS

 

 Naqueles tempos en que Feijóo aparecía cun mangueira de xardín pra apaga-los lumes parece que deu paso a un Feijóo cun lanzallamas. Os seus acólitos tratan de quitarlle importancia á manifestación de Santiago contra dos incendios, mesmo ridiculizala. O certo é que foi multitudinaria.                                        

NO INFERNO

 

  Plantarlle lume ó monte é responsabilidade de quen o fa, pero o que fai o posible que se dean a as condicións idóneas pra producir o dano tamén é responsable. Os que sufriron dano nas súas vivendas e nas súas persoas, deben reclamar á Xunta. Feijóo é responsable pola  súa política forestal. Que sexa un inepto non lle exime de responsabilidade civil

 

NON PARTICIPAN

 

Os independentistas cataláns non participan na reforma da Constitución. Calquera reforma, pra eles, sería inaceptable. Polo que parece un viaxe a ningures. Eles  solo teñen un obxectivo: a independencia. A reforma solo tería utilidade se con elo se demostra a inutilidade da reforma 

SURREALISTA

SURREALISTA

 

 Surrealista   foi a intervención de Feijóo no Parlamento. El nunca acusaría a un partido de ser culpable dos incendios. Xa se esqueceu do numeriño da mangueira, das manifestacións que o PP organizou es Santiago, da utilización dos mortos no incendio, ousa que non ocorrería co PP. Pois ben, xa ten os mortos e o récord de superficie queimada. 

 

O 155

O 155

 

       Sería un simplismo, ou non, dicir quer a culpa dos incendios é de Feijoo. No seu tempo el dixera que a culpa dos incendios era do bipartito; agora, aplicando o mesmo razoamento, a culpa dos incendios é súa. Unha cousa é certa, a manifesta incompetencia da Xunta pra afrontar situacións críticas. Gástasme moito diñeiro en apaga-lo lume, diñeiro que vai a mas privadas, que gañan mais, cantos mais incendios haxa.  Non sei canto nos vai costar en publicidade limpar esa incompetencia; porque é unha habitual técnica de Feijoo recorrer a publicidade pra esconder a súa incompetencia. Sería moitos mais efectivo que nos aplicaran o artigo 155 da Constitución e nos libraran de Feijoo

ARDEMOS

A mangueira onde está, onde está a mangueira de Feijóo,  cando acusaba ó bipartito de ineficacia ante os lumes. Afogado agora no seu cuspe,  impotencia e ineficacia. Suprimir  as brigadas, creadoras do problema, aumentar a vixilancia, implicando ós veciños racionaliza-lo monte é por onde hai que empezar

SEN LUZ

 

 

  O proces ten mais escuridade que luz. Asusta pensar que pode haber unha intervención armada en Cataluña. Os paus non arredan ós independentistas, que lles vai de perlas a confrontación; pero son as  fuxidas de empresas as que poñen nerviosos ós  políticos; esta fuxida, de momento é mais virtual que real, pero é un síntoma, e non vai saír gratis

 

CRUEIS

 

 

   Utilización de nenos no conflito de Cataluña, foi de  asco. Nenos de cinco anos foron castigados nas escolas por non esta a favor do proces. Utilizados en manifestacións e facéndolles insultar a GC. Os responsables desta manipulación son seres despreciables

 

QUE PAÍS

 

 Éxito do PP.  Non houbo nesta semana ningún imputado por corrupción. Cataluña  é do único que se fala

 

PROMETO

PROMETO

 

  Nova promesa de baixada de impostos, ollo ó dato pra rehabilitación de edificios históricos, pazos etc, algún do PP ten un proxecto, . pero os pringados pensan que tamén é pra eles. E mais promesas, aínda está sen cumprir as do primeiro debate. Pero Feijoo prometendo é unha máquina. Galicia retrocede en tódolos parámetros, segundo a UE, pero vivimos nun país feliz, onde hai mais paro, se pagan os salarios mais baixos e o leite mais baixo. Esa é a Galiza do PP 

E AGORA QUÉ

E AGORA QUÉ

 

 

 Poucos son conscientes das consecuencias do 1 O, a maioría, viviu a xornada nun ton festivo, pero sen preocupacións; porque lles prometeron o paraíso. Agora viran os problemas e as realidades pra xestiona-.lo día despois