Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CADA UN O SEU

 

  Dicía Xesús que a Deus o que é de Deus, e o Cesar o que é do Cesar. Os  Republicanos de Cataluña son hoxe os únicos que rompen co franquismo, pero tamén lles debemos a anulación que fixo a xustiza da indemnización do Castor, que o PP se empeña en manter.     

 

VACA BURRA

 

 

  As mais das veces atopamos elementos que nos confunden; non sabemos se é vaca, ou burra. Hai un animal,  que aparenta unha persoa, durme no traballo, non moi avisada, pero moi gregaria, que se agarra como unha carrapata á cadeira. Ben `pode ser un híbrido.   

 

MISERABLES

MISERABLES

 

 

  As manifestacións de pensionistas contaron coa participación do PP.É subrealista que  os culpables participen na manifestación,  pero tamén o é que haxa pensionistas que voten ó  PP, seguro que teñen un problema mental. Di a Villalobos que a xente ten que facer plans privados de pensións, o problema é que si aínda non teñen pra chegar a fin de mes non poderán nin  pensalo. Os do PP non paran de ver negocio onde solo debía haber un dereito

 

A VISA

A VISA

 Avisa a  Deputada   do PP Celia Víllallobos  de que se debe facer un plan de pensións privado. Os parados e ós que cobran un salario de miseria  son os mais indicados. Ela estaría disposta a traballar ata os oitenta anos.  Durmir no Congreso é cómodo, de camareira ou nun xeriátrico non o sería tanto

CON DERROTA

CON DERROTA

   

 

   Algo de demagoxia, manipulación de medios e non ter empacho en mentir; son suficientes pra que un pobo ignorante e desmemoriado, se vote nos brazos de crueis rexedores. Un pobo que non lee é doadamente manipulable.

DO MESMO DEUS

DO MESMO DEUS

 

 PP e Ciudadanos son fillos do mesmo pai, parte mesma laranxa, un mesmo proxecto  político. Qué lle imos facer; unha parte de España   rouba, a outra gústalle que lle rouben, o resto somos minoría.    Franco goberna deende a tumba

O PLENO EMPREGO

 

  A promesa estrela de Feijóo, de reducilo paro, pode cumprirse.  Prevese que Galiza perda neste ano mais de 11.000 habitantes, mais os que emigren, sen dúbida, esa será a cifra na que diminuirá o paro. Cando a morte e a emigración o cubra todo; neste país haberá pleno emprego. Alberto é un fenómeno  

ATRADOS

 

   Confiados en que pola autopista poderían circular con mais seguridade, miles de condutores víronse atrapados na AP6. Ningún cartel informativo lles advertiu da situación na vía. Nin quita neves, nin ningún tipo de auxilio por parte da concesionaria. Foron horas de horror e frito, onde o único que funcionou foron as cabinas de peaxe; circunstancia similar ás que se da no verán na AP9. Isto xustificaría unha  inmediata expropiación, pero os culpables pro goberno son os condutores, hai que defender ó capital, as vítimas son uns chaiñas  seducidos polo lado escuro. Non haberá sancións, incluso lles pode indemnizar pola perda de negocio        

BALANCE

 

    Marabíllame ó balance que, ó fin de ano, fan os políticos. A total ausencia de autocrítica, réstalle credibilidade ó balance. O discurso de Feijóo aínda foi mais cachondo. Baixou os impostos, subiu as dotacións de sanidade, educación e dependencia. Falou abondosa mente da crise catalana, como si fora o esencial. Vamos parecía que estaba noutro planeta. Chega con dar unha  volta por SAN CAETANO pra ver como vai o país  

 

ENCHE-LA PANZA

     

            

    En calquera época, nestas data mais, solo nos preocupa enche.la panza. Marisco barato, non importa donde, ni como foi collido, incluso de si reune condicións sanitarias.  Non é culpa solo dos furtivos, tamén é nosa; os furtivos non existirían si non houbera mercado 

PRIORIDADES DO PP

PRIORIDADES DO PP

 

 

  As pensións subiran un 0, 25 %, o salario mínimo un 4, os salarios o 1 e defensa o 80 %. A luz o que decidan as eléctricas, o peaxe da  autopista o 3,8. Pero poñermos o cu, xa non chega a bandeira     

 

HABÍA COMISIÓN?

HABÍA COMISIÓN?

 

 

  Partindo do principio de que nade da nada de balde, chama a atención o empeño do PP de manter a xenerosa indemnización  a Florentino Pérez, pola anulación do CASTOR , que se opuxo a demanda dos cataláns, que pediron a anulación da indemnización. A indemnización foi anulada pola xustiza. Os españois aforrámonos 1.600 millóns de euros. Alguén puido perder unha boa comisión. O PP, que goberna e España queda sen grupo parlamentar en Cataluña. Se dúbida, os cataláns son diferentes.           

IRRELEVANCIA

IRRELEVANCIA

 

 

  O descenso de poboación, polo caída de nacementos, xunto coa emigración, pode converter Galicia nunha pinga do Estado. Pode  que fisicamente Galiza non desapareza, pero vai camiño da irrelevancia. A elo hai que engadir o proxecto persoal de Feijóo, de eliminar toda a cultura e idioma do país pra que Galiza careza de todo elemento diferenciador e así poidamos chegar a ser un concello de Madrid. Ese descenso de poboación, alguén lle atopara o lado positivo;. Estatisticamente baixa o paro, do contrario o paro rondaría o 30% 

UNHA POZA

UNHA POZA

 

 

   O encoro de Eiras pasou de estar en mínimos a desbordar cun  só día de chuvia, iso di moito da capacidade dun encoro, que mais parece unha poza, que da auga a unha zona moi ampla; que dicir da depuradora, pois iso, é mais importante  poñer un barco en Coia

 

ATADO

 

       Fai pouco, celebraron, co boato de sempre, o aniversario da constitución, constatando que todo segue atado e ben atado, que o legado franquista non periga. A constitución incluíu unha serie de dereitos e liberdades, parte dos que non deixaron de ter só un carácter formal, que serviron como engado pra colar a seguridade á pe vivencia de Institucións franquistas, actuando como garantes os que antes tiñan o cometido de actuar de represores. Nada que celebrar           

 

BEN POR ALBERTE

BEN POR ALBERTE

 

  Case douscentos mil parados, desminución da poboación 67.000 emigrados, os salarios mais baixos do Estado. Precariedade laboral. Sanidade pública  en ruína, etc. pavoroso ó panorama      

 

PRIVILEXIO

 

 

   Nade se atreve a póñelle o cascabel ó gato. O gato solo entende de comida e arrímase a calquera amo que lle de  mais. O concerto vasco é un privilexio medieval, incompatible co principio de solidaridade     

UN RAPOSO

UN RAPOSO

 

 

  O que ten o mérito, gañado a pulso, de haber endebedado pra moitos anos o axuntamento de Xaén, do que era alcalde, pagando sobre custos de o 400%, vulnerando tódalas normas de boa xestión. Encárgalle Montoro o control das contas do Concello de Madrid. Estes do PP están tan a marxe da moral que pra eles a merda é perfume  e poñen un raposo a gardar as galiñas  

AS REBAIXAS

AS REBAIXAS

 

 

  O portavoz do PP de G acusou a oposición parlamentar de querer fritir a impostos ós galegos. A oposición pedía rigor orzamentario, pero o PP fai dos orzamentos unha propaganda, rebaixa os impostos, á gran maioría solo uns euros, os ricos unha boa tallada. Resultado orzamentos anémicos con recortes nos servizos e incremento da  débeda. Os prestamistas, da corda do PP fan o agosto

AS MALETAS

AS MALETAS

 

  O mellor negocio  en Galicia, no que leva Feijóo no goberno, son as  maletas. Duascentas mil persoas, que se di pronto, emigraron pro resto de España, ou pra outro países, en busca do que non atopan en Galicia. Volvemos ó século da emigración, pero agora,  pero agora é xente con estudos, embárgante, na maioría, solo serán camareiros en londres, ou barrendeiros en Alemaña. Cada un coa   súa maleta e un menos no paro. Todo por corttesía de Feijóo e pra súa maior gloria