Facebook Twitter Google +1     Admin

BOINAS E BIRRETES, OU AS CAVERNAS

20090626110327-cavernicolas.jpg

 

          En tempos, non tan esquecidos, falábase de dúas correntes do PPdeg, nas que se distinguía: a corrente dos boinas, que agrupaba á xente, fundamentalmente de Ourense e Pontevedra, que se caracterizaban polo apego á realidade do país e que          sentían unha certa fachenda do seu. Outros, os do birrete, presumían do seu estatus universitario e Galicia só lles interesaba como laboratorio.

       Nestes tempos, non sei xa si se pode falar das dúas correntes que se mencionaban, pero certo é, que os fillos do mal cabalgan polo país, tentando meter a Galicia nunca caverna, da que eles nunca deberan saír.

        Falando de cavernas, lin unha manifestación, creo que dun tal Freire, que para ilustra-la loita da Xunta do PPgdeE en contra do galego, aínda que máis ben daba máis escuridade que luz, dicindo, máis ou menos, que o galego nacera do castelán, sendo un sinxelo modismo do mesmo. Aínda que os coñecementos filolóxicos do personaxe sexan tan limitados como a súa gris relevancia profesional, segundo se deducía do artigo. Seguro que moitos mediocres verán a oportunidade de dar fe da súa razón de ser: como a FAES, que ademais de apoiar e jalear a loita en contra do galego, sen ningún argumento, mófase dos que falan galego e dos que, sen falalo, teñen acento galego; tanto se pasaron, que os do PPgdeE renegaron do apoio. O máis irritante é que, ademais do PP de Madrid, tamén o goberno de España lles da unha subvención para as súas actividades: hoxe por ti, mañá por min.

          A Xunta xa empezou a parir leis novas, de  persecución do galego, eliminación, segundo eles, barreiras para acceso á Función Publica Galega. O coñecemento do galego para o exercicio da Función Pública en Galicia é  unha medida para garantiza-la atención os galegofalantes na súa lingua. Eu pensei que o Estatuto de Galicia era a norma superior, que regulaba a convivencia e  o tráfico xurídico; pero unha norma dun goberno partidista pon en cuestión a súa vixencia.  ¿que fan as Institucións, partidos políticos, sindicatos, etc.?. O nazismo tivo o  mesmo nacemento; as potencias intentaron calma-los nazis, coa esperanza de que entraran en razón, logo custou unha guerra. Hai  que pensar que estes políticos de hoxe non son o fascismo de entón, pero parécense moito, chega ve-las ameazas de Rueda á oposición. As outras partes de España pensan que non vai con eles, de momento, ¡como me sona isto!.  Contra Franco todo era máis claro.

26/06/2009 12:28 xan #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris