Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FACTORIA DE IDEAS E TRAGONS

FACTORIA DE IDEAS E TRAGONS

          O artigo de Xavier Vence do Xornal do 17 deste mes, fíxome pensar no papel da clase política gobernante na actualidade en Galicia. Facendo un reconto do realizado por este goberno, e doado concluír que o único que fixeron foi esborralla-lo construído polo goberno que lle precedeu; hai dous respostas posibles, ou ben teñen que saldar débedas cos que os apoiaron, ou son tan ananos como gobernantes que precisan despexar todo para que se lles vexa.

          O ataque xeneralizado a todo o que soe a galego é a súa principal obsesión, como se estivéramos gobernados por uns alieníxenas. É neste punto onde se ve claramente as directrices da FAES, que é unha factoría de adestramento ideolóxico; corrosivo e, a veces, ofensivo e desprezativo. Así o fixo na campaña de acoso ó galego, apoiando a Galicia Monolingüe, onde se ridiculizaba ós que, incluso sen falar galego, teñen acento galego, tanto así que o propio PPdG renegou da campaña.

          Galicia Monolingüe existe como estratexia, non é unha entidade autónoma, senón que actúa ó mandato dos seus creadores e impulsores.

           A factoría de ideas crea un nacionalismo español, excluinte, co racismo propio de tódalas ideoloxías fascistas; basease no pensamento único, culto ó líder, pureza de raza, etc .

           Hai unha confluencia, na base, de intereses sociais, económicos, políticos e relixiosos, e nosoutros asistimos como convidados de pedra, de espectadores  da nosa propia traxedia.   

          A ausencia de oposición fai que Feijoo saque peito,  se faga o valente  como  se fora un matón de colexio e, pouco a pouco, vai derruíndo todo. Así tamén podemos ver a ineptitude da oposición e comprender porque están nese papel.      

          Non se ve cheo o goberno de tragar, os restauras fan  o agosto. O pobo paga as facturas e fai de servente nas festas. Na  maioría dos fogares galegos pásase con caldo esgubio, a crise, que pra algúns nunca a hai, non da pra mais. Menos mal que agora que goberna o PPdeG e os becerros valeran mais, pagarán mellor o leite e haberá trabalo pra todos, vamos, un mundo feliz, polo menos eso nos prometeu Feijoo.

           Co gallo do día da Patria Galega, xuntouse no hostal dos Reis Católicos o mellor da política galega, achegada ó poder, por suposto, non había sensación de crise. Daba gusto velos de etiqueta, eu pensei que eles irían vestidos de gaiteiros  e elas de pandereteiras; o folclore galego non era nada ben visto, sobretodo naquel ambiente, pero había que ver a aquela xente provinciana con tanto glamour,  que ben lle daban ó dente.

           Malia ser un festivo moi págano, que solo significa algo pros do pais, os páganos foron precisamente os do pais. !que mundo mais ó revés!.

           Sería divertido que naquela pantagruélica comida, no medio de xente con tanto copete, aparecera alguén vestido de traxe típico.

           Estamos en crises, nos, eles non.

 

1 comentario

piuxiño -

Ja,ja..que bo!!! Si que sería gracioso que alguén se achegara a ese tipo de actos engalanado cun traxe de gaiteiro... Xa sería a repanocha!!!