SEN HONRA E SEN CARTOS
Aínda que se concibe como unha frase quixotesca, que reflexaría un modo de ser tópico español; foi pronunciada polo almirante Méndez Núñez no sitio do Callao: mais vale honra sen barcos, que barcos sen honra. Anos despois, outro galego, asignaría un acordo financeiro co Estado, absténdose, E dicir, sen opoñer un pero, sen discusión algunha asinou o que lle deron, perdendo case catro centésimas porcentuais na financiación que Galicia viña percibindo; é dicir, si antes éramos pobres, agora serémolo mais.
Pra Feijoo é mais importante Xénova que Galicia; mais ben Galicia pral el é un accidente xeográfico, na que puxo as pousadeiras, con seres nados pra ser mandados, que non lles importa que mexen por eles; o mellor algún día esperta do soño e atópase coa realidade, porque as súas mentiras foron descubertas.
Volver de Madrid pra el non é nada novo, vota aló dous días da semana, “traballa” na Xunta tres. Por min podíase quedar aló. Esa case metade da semana, que non está en Galicia, pagámoslla os galegos; estanos estafando. Cando vólveo de asina-lo acordo de financiación veu sen cartos e sen honra, pero obedecendo, o cal me carga de razón pra pensar que Feijoo é solo un Guiñol, é que outros manexan os fíos.
O modelo de finanzamento podíase considerar pechado, desde o momento en que o goberno do Estado e Cataluña chegaron a un acordo. Madrid e Valencia, malia ser autonomías gobernadas polo PP, tamén lles favorecen os parámetros aplicados a Cataluña, polo que o PP deu orde de absterse. Madrid ten os maiores ingresos por autonomía, non porque xenere mais riqueza, como o caso de Cataluña, senón porque as grandes empresas do Estado teñen a sede social en Madrid, e alí pagan os impostos, aínda que a actividade económica se realice fora da Comunidade.
O concerto vasco non é tan histórico; eles remóntase a antes da guerra civil, e era unha reivindicación do PNV, e Aznar concedéullela, porque precisaba os votos do PNV. El primeiro, España despois. Con Cataluña pasa algo parecido e o PSOE claudicou pra conserva-lo apoio parlamentario. De tódolos xeitos a financiación non acada o nivel de privilexio do Pais Vasco.
A Navarra, Franco concedeulle un privilexio financeiro, polo apoio que lle deu na guerra civil, co que seguen, moi caladiños pra que non se acorden deles.
Volver sen cartos e sen honra, sabendo que nin os compañeiros do partido te respetan, que ninguen quere alianzas estratéxicas contigo, que eres menos que nada, ten que ser frustrante; por eso necesita de desatinadas accións de goberno que o reafirmen como autoridade.
En política, as persoas obedientes e manexables, coma el, teñen futuro; ter pensamentos propios pódete converter en perigoso, pero eso nunca lle vai ocorrer a Feijoo; ademais, ser intelixente non é un mérito.
3 comentarios
eu o autor -
piuxiño -
son do miño -