Facebook Twitter Google +1     Admin

ACUICULTURA

20090821104228-pcp5-4.gif

 

 

NUNHA LANCHA DE MARÍN

COA PROA DE CARBALLO

NUNHA LANCHA DE MARÍN

COA PROA DE CARBALLO

CATRO RAPACES DA PUEBLA

UI AI AI, UI AI AI

CATRO RAPACES DA PUEBLA

UI AI AI, UI AI AI

ROUBARON UN RODABALLO

 

O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA

ERA UN RAPAZ DE MARÍN

ERA UN RAPAZ DE MARÍN

DICÍALLE O RODABALLO

UI AI AI UI AI AI

MOITO MIRAS PARA MIN

MOITO MIRAS PARA MIN

 

FORON A VENDELO A LONXA

FORON A VENDELO A LONXA

E CON MUITO DISIMULO

E QUEN O FOI A MERCARE

UI AI AI UI AI AI

E QUEN O FOI A MERCARE

UI AI AI UI AI AI

A FILLA DO CACHIRULO

 

          Falando de rodaballo, vin unha fotografía da Conselleira    de Pesca ou como se  chame, e uns declaracións súas, que ocupaban moito espacio,; segundo dicía: quere recuperar o proxecto  acuícola de Fraga, anulado por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Será esto desacato os Tribunais, será prevaricación, qué será: a ignorancia e prepotencia desta xente non ten límite. Facémonos a pregunta: “que foi antes, ¿a galiña ou o ovo?”, “¿a ignorancia ou a prepotencia?” Intentei sabelo que dicía, pero solo saquei en conclusión que Pescanova pode facer o que lle dea a gana, e que teñen intención de  rescata-lo plan Acuícola da era Fraga, pra restaura-la legalidade.

         Despois de leer isto quedei acollonido; na sentencia que anula o plan acuiola de Fraga, o desestima-la demanda  de Pescanova, dice, moi claro que: Pescanova non ten dereito a indemnización algunha porque invoca un plan que é ilegal. Pois ben, non solo pode facer Pescanova o que lle de a gana, senón que aínda pretende indemnizala. Eso sería claramente desacato, malversación e prevaricación, todo xunto. Creo que alguén ten que dar un puñetazo enriba da mesa e poñer coto a as tropelías de esta xente. O de  restaura-la legalidade é unha tomadura de pelo e un insulto á intelixencia, por moi cativa que se teña. Restaura-la legalidade cun plan declarado Ilegal. O Bipartito fixo mal as cousas en materia de pesca. !que cara!, si, !que cara ten!. Pretendía oculta-la sentencia. !que cara mais grande!.

          A verdade é que  non puiden ler mais; tal era o cabreo que collín que tiven que irme a un mundo imaxinario no que non vira rodaballos na illa de Barataria.

          A guinda é a perda dos fondos europeos, a paralización de mais de unha  vintena de proxectos pero,  eso si, sigueu a folla de ruta: deixar terra queimada, !estamos nun novo réxime!.

21/08/2009 10:43 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: farelo

Hai moito que falar das granxas de rodaballo. Non é ouro todo o que reloce. Insuiña, filial de Pescanova, improvisou un proxecto de piscifactoria en Touriñán cando o Prestige, por incompetencia dos gobernantes, embadurnó de chapapote a costa galega. Para contrarrestar aquel desastre alagaron Galicia de promesas, pero todo no aire. E de todo aquel bla,bla,blá saíu un Plan Galicia, que nada menos que puña investimentos de máis de 12.000 millóns de euros nesta terra, claro, sen soporte orzamentario. é o que fai o Estado desde sempre. Aquel Plan Galicia -que xamais se bautice ningún plan co nome de Galicia, porque para escarmento xa basta cos moitos que houbo, sen alcanzar ningún a eficacia da realización- inventou proxectos para acalar as críticas da sociedade galega, que se indignou cando a unha marea negra houbo caraduras que a denominaron hilito de plastilina. Cando o chapapote cubría areais e ennegrecía as rocas litorais, unha traxedia, un ministro transmitía á España que o escoitou a falsidade de que as praias galegas estaban para tomarse un baño. A idea de Pescanova correndo a comprar hectáreas en Touriñán para montar unha granxa de rodaballo non conseguiu que a cidadanía lle perdoase aos gobernantes a incompetencia na xestión ante un petroleiro cunha vía de auga. Aquilo de Pescanova parecía un novo míster Marsall. Pero non. Porque a iniciativa apóiase en que metade do investimento sae dos fondos públicos. Que pasará neste país cando se acaben as subvencións?

Fecha: 21/08/2009 20:16.


Autor: recamán

pero QUE CARA MÁIS DURA A DESTES LAMBÓNS DO PP co tema da piscifatoría de Touriñan!!! Ainda se lles vai ocurrir abrir unha granxa de porcos no medio do Obradoiro a este paso...

Fecha: 21/08/2009 20:29.


gravatar.comAutor: eu o autor

As subvencións, eso é, así se fai pais. Pero ollo, ademais Touriñán está a caer

Fecha: 21/08/2009 20:32.


Autor: Pepe

Como a realización da Piscifactoría subvencionada de Stolt Sea Farm foi unha loucura presentada por Fraga como "a nova fachada marítima de Galicia"; un cabo Vilán esgazado, insultada a nosa dignidade, volven agora coa artillería pra ver de se cargare Touriñán.
Non é que o bipartito fixera ben as cousas, que en definitiva o seu plan de Acuicultura introducía unhas simples modificaciós en relación co plan anterior.
Que expliquen ben as características da pranta de Pescanova en Mira, Portugal, onde a obra tivo unha serie de condicionantes pra evitare o impacto sobre o sistema dunar.
Mentres que a pranta en Touriñán, como en Vilán, arrasarían un espazo protexido.

Fecha: 21/08/2009 23:05.


Autor: Ventureiro

Haberá que sacar unha lei para legalizar as ilegalidades, do mesmo xeito que se fixo cos edificios ilegais de Vigo. Calma...je,je...

Fecha: 22/08/2009 01:47.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris