ACUICULTURA
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
ROUBARON UN RODABALLO
O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
DICÍALLE O RODABALLO
UI AI AI UI AI AI
MOITO MIRAS PARA MIN
MOITO MIRAS PARA MIN
FORON A VENDELO A LONXA
FORON A VENDELO A LONXA
E CON MUITO DISIMULO
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
A FILLA DO CACHIRULO
Falando de rodaballo, vin unha fotografía da Conselleira de Pesca ou como se chame, e uns declaracións súas, que ocupaban moito espacio,; segundo dicía: quere recuperar o proxecto acuícola de Fraga, anulado por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Será esto desacato os Tribunais, será prevaricación, qué será: a ignorancia e prepotencia desta xente non ten límite. Facémonos a pregunta: “que foi antes, ¿a galiña ou o ovo?”, “¿a ignorancia ou a prepotencia?” Intentei sabelo que dicía, pero solo saquei en conclusión que Pescanova pode facer o que lle dea a gana, e que teñen intención de rescata-lo plan Acuícola da era Fraga, pra restaura-la legalidade.
Despois de leer isto quedei acollonido; na sentencia que anula o plan acuiola de Fraga, o desestima-la demanda de Pescanova, dice, moi claro que: Pescanova non ten dereito a indemnización algunha porque invoca un plan que é ilegal. Pois ben, non solo pode facer Pescanova o que lle de a gana, senón que aínda pretende indemnizala. Eso sería claramente desacato, malversación e prevaricación, todo xunto. Creo que alguén ten que dar un puñetazo enriba da mesa e poñer coto a as tropelías de esta xente. O de restaura-la legalidade é unha tomadura de pelo e un insulto á intelixencia, por moi cativa que se teña. Restaura-la legalidade cun plan declarado Ilegal. O Bipartito fixo mal as cousas en materia de pesca. !que cara!, si, !que cara ten!. Pretendía oculta-la sentencia. !que cara mais grande!.
A verdade é que non puiden ler mais; tal era o cabreo que collín que tiven que irme a un mundo imaxinario no que non vira rodaballos na illa de Barataria.
A guinda é a perda dos fondos europeos, a paralización de mais de unha vintena de proxectos pero, eso si, sigueu a folla de ruta: deixar terra queimada, !estamos nun novo réxime!.
5 comentarios
Ventureiro -
Pepe -
Non é que o bipartito fixera ben as cousas, que en definitiva o seu plan de Acuicultura introducía unhas simples modificaciós en relación co plan anterior.
Que expliquen ben as características da pranta de Pescanova en Mira, Portugal, onde a obra tivo unha serie de condicionantes pra evitare o impacto sobre o sistema dunar.
Mentres que a pranta en Touriñán, como en Vilán, arrasarían un espazo protexido.
eu o autor -
recamán -
farelo -