Facebook Twitter Google +1     Admin

VIRAN TEMPOS MELLORES

20090824111953-1157809182-f.jpg

 

 

 

        A economía é árida, pero convennos saber que a  consultora que valora a débeda galega ven de rebaixarlle cualificación, co que nos resultará mais caro endebedarnos; pra poñer un exemplo, sen que  sexa exacto: si emitimos un euro de débeda no  tesouro solo ingresaremos 100 céntimos, pero logo hai que devolve-lo euro, e cada vez peor. Calculan que haberá algo de melloría a finais do 2011; pero non temos de que preocuparnos, o goberno mira por nos, os mortais, os páganos, que somos nos.

          Seguro que oístes falar dun tal Miranda. Como todo    réxime totalitario que se precie, este, no que vivimos e sufrimos, hai un Miranda de turno, que no solo está solo de  miranda, tamén é o encargado de levanta-la moral o pobo, falando de logros incribles dos líderes, da sorte que temos de que nos goberne esta panda, e non os roxos e separatistas, de solta-las mentiras oficiais, levantar infundías sobre os inimigos, si, inimigos, non oposición nunha palabra, cando a nosa fe fraquea, ai está el, baténdose o cobre.

         Segundo Miranda, gracias a boa xestión da Consellería da Presidencia, fíxose un aforro nos orzamentos da Consellería dun 25%,; pregúntome eu: porque no lle poñemos un 50%. !moi esaxerado verdade!. Fagamos as contas da vella, sen ánimo de cadra-las contas ó céntimo, como si fóramos a Intervención Delegada da Consellería. Créanse eses cinco menstruos de Superdelegacións que cargan o presuposto da Consellería, ampliase o parque móbil, por culpa dunha bravata electoral e porque queren estrear coche, senta-lo cu no plástico, repártense teléfonos móbiles entre algúns funcionarios con cargo á Consellería, comprase mobiliario novo, o sustituido ten, a veces, menos de dous anos, pero era do anterior goberno, anúlanse contratos firmes e indennizanse ós beneficiarios. A lista sería interminable, pero mira ti por onde o Miranda lle sae un aforro do 25%. –seguro que suspendeu as matemáticas-

          Non podemos esquecer aquela promesa electoral de Feijoo de que si el chegaba a gobernar non habería paro, habería un goberno austero, non habería déficit orzamentario, etc , en parte cumpriuse: non hai paro pra el, hai un goberno austero, por exemplo: restrinxe o gasto en dependencia, paraliza as obras en marcha, pero danos unha floxeira co da galiña azul; o déficit orzamentario xa o escachou nada mais entrar emitindo débeda pública, doada de recadar, non hai que subi-los impostos, pero fainos mais pobres.

          Pero o Estado non lle vai mellor; ten un déficit orzamentario histórico, tanto así, que pola falta de disciplina orzamentaria  temos tódalas papeletas pra que nos voten da zona euro.

          Moito debémosllo o Ministro Sebastián, o seu foi unha pasarse de freada; pra gañar votos aconselloulle a ZP o dos 400, e logo 1500 por fillo, sen saber como estaba a caixa, resultado, fundiu o superávit e endebedou a Facenda. O normal sería saber de canto se dispoñía e canto nos ía custa-la ocorrencia. O custo das dúas medidas  pódese cifrar entre cinco mil e seis mil millos de euros no exercicio; eu hai meses que non os gano.

           Agora, que xa se venderon, na época de Aznar, as xoias da Coroa, xa non nos queda que vender pra equilibra-los orzamentos, e hai que recorrer a dúas medidas dolorosas e pouco rendibles electoralmente: 1º subilos impostos, 2º plan de austeridade.

          A supresión do imposto de Patrimonio, que recaia sobre as grandes fortunas suprimiuno ZP, como si fora a Dereita mais rancia. Poren non podemos esperar de ZP unha distribución xusta das cargas impositivas.

          Quédalles unha opción, que me da medo: subi-los impostos indirectos; as cargas fiscais non terán en conta os ingresos, haberá unha suba xeneralizada de prezos, subirá a inflación; o Estado non  precisará un soporte administrativo.

          Algún periódico económico estranxeiro suxería que se adelgazara ó Estado, empezando polas autonomías, que se converteran nun pozo sen fondo,  ¿quén lle pon o cascabel ó gato?.   

24/08/2009 11:20 mmarcos #. Administración

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

O tal Miranda, (Mirinda lle chamaría eu, por aquelo de que non ten nin gas...) é un falabarato, dos que saen ós medios a loubar a xestión dos seus líderes. Un trosma que cada día sae e di unha parida nova, para encher xornais e xerar debates estériles, coma quen che di que algo se remexe en San Caetano...

Fecha: 24/08/2009 15:39.


Autor: sempre en galiza

non home non...que non vos enterades...que eles gobernan ben en nos, oh!!, o que pasa é que sodes malos de gobernar de carallo!!!
Ja,jajaja.
Demo de fachosos que asulagan este pais...

Fecha: 24/08/2009 15:59.


Autor: Pepe

A realidade é que dende Ortegal ao Miño, dende Québec a Madagascar, dende India a Paraguay, a crise económica está provocando fortes consecuencias mundialmente, que só están mostrando o principio do fin dun ciclo. O sistema capitalista de última imposición, baseado na cultura do fume, do diñeiro fácil, da degradación ambiental sen custos penais, da especulación urbanística e inmobiliaria sen control, está na fin dun ciclo, máis resístese a morrer. Na súa lenta agonia, deixa despedimentos, peches de centros de produción, familias sen recursos, depresións, violencia, alteracións da moedas e dos sistemas financieiros estábeis. Lamentablemente este é o prezo que temos que pagar para limpar a sociedade desta caste de corrutos que nos empobreceron a todos

Fecha: 24/08/2009 18:45.


gravatar.comAutor: eu o autor

O difíciles de gobernar decio Franco. o problema e que non tíñamos, nin temos bo señor,como Cid. Alguhos paises parece que empezan a sair. Nosoutros seguiremos moito tempo mais, e non solo ten a culpa o goberno; a economía española estaba cimenta da sobre a especulación pura e dura, orientada especialmente o sector inmobiliario, de todos xeitos hai quen non sabe o que é acrisis e quen sempre está en criiisis.

Fecha: 24/08/2009 20:25.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris