Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ARDE A ADMINISTREACION LOCAL

ARDE A ADMINISTREACION LOCAL

           Arde Lucus e o que non é Lucus.  Fai poucos días celebrouse en Lugo unha desas festa da historia, que xa ten arraigo,  é a que lle hai que  recoñecer un éxito de participación. Alédame o éxito desta festa, quen seguro que se aleda, tamén, e o seu Alcalde Orozco que, ademais de ser un acontecemento que reivindica o nome de Lugo e enaltece a cidade, tamén desvía a vista, e a xente non repara noutros problemas, que existen na cidade das murallas. Sen dúbida que é   un alivio temporal para o alcalde que non se fale da auga, da limpeza, do nepotismo, dos parques, da rehabilitación das zonas mais empobrecidas, dos problemas de persoal, etc; sen  esquece-lo  xeito persoal de gobernar. É un alcalde que cando lle plantexan un problema, ten unha resposta  invariable: “estamos nelo”. Non é un pequeno dictador, como din algunhos, sinxelamente fuxe dos problemas, non sabe como resolvelos ou non ten forza pra facelo; a elo hai que engadir que quere imitar a outro alcalde, que afortunadamente deixou o cargo, imaxínome que fuxindo  de responsabilidades. O malo, ou o bo, segundo se mire, é que lle está facendo a campaña, gratuitamente, ó PP.

          A Administración Local anda revolta, a xente ponse nerviosa e  aínda falta moito para as eleccións. Nalgúns casos tamén hai intereses soterrados, que fan ingobernables algúns concellos, ou outros que, por personalismos, se enrocan, mirando mais ó propio ombligo, que a intereses xerais.

           Antes tódolos problemas se resolvían con recalificaficacións, e esta segue a ser parte do problema, pero nesta hora de vacas fracas os ingresos que teñen orixe na construcción caeron    dun xeito preocupante, poñendo en perigo as facendas dos concellos, polo que teñen que administrarse con mais austeridade  e controla-los gastos correntes.

          Ademais de efemina-la endogamia política e administrativa precisará de unha seria reestructuración, que  debería ser impulsada dende os propios concellos, ben refundíndoos,  elinando concellos pequenos e non viables, agrupando servicios de distintos concellos e outros gastos correntes cos equiparen a outras administracións públicas.  

          Urxe que atopen novas vías de fiananciación, coma a participación nos parques eólicos e outras que se lles ocorran.

          A Administración Local son entes cunhas implicacións nada doadas de entender, e a veces xúrdenos a sensación dun compadreo, levados por algúns casos que vemos, como a moción de censura nese concello perto de Vigo, que o alcalde di que é pola ilegalización dunha obra de un parente do concelleiro do PP. Si esto fora certo poderíase recorrer á xustiza, digo eu.

0 comentarios