Facebook Twitter Google +1     Admin

OS MORTOS VIVEN II

20090905202251-20090905171652-fusilado1959.jpg

 

 

           Son moitos os chamados, pero poucos os que responden á chamada, por favor, votade

 

          Os mortos morreran cando ninguen os lembre, pero mentres os lembremos a súa vida tivo un significado. Castelao e Bóveda son clásicos guieiros da vida de moitos galegos; pero faríamos mal reduci-los exemplos a estes dous personaxes. Xa  teño dito  que non se debe facer unha lista pechada, nin facer unha competición, pra outorgar mais mérito a quen nos consideremos mais merecente de encabeza-la lista. Ó caladiño, (a tódos eses exemplos anónimos, que nade coñece, o noso homenaxe), sen que moitas veces se saiba, hai xente que dende o anonimato fai pais; pra facer pais non hai que chegar a altura dun Castelao, o que podemos ter de exemplo, pero non  podemos sentirnos fracasados porque non sexamos como el; eso seranos bo, porque así tamén temos a seguridade de que Feijoo nos vai deixar descansar en paz.

          A Bóveda asasinárono novo, se vivira mais o seu legado sería maior; tamén tiña na súa contra ó comparalo con Castelao, en que este era moi coñecido como escritor e, especialmente, como debuxante.

          Feijoo pode ser un ignorante, pero ten o asesoramento de imaxe que tivo outro político de ámbito estatal, e a ousadía que lle da a ignorancia, ademais é arrogante e provocador. A visita á Santo Domingo de Bonaval, non a fixo porque lle teña agarimo á figura de Castelao, nin sequera ríspeto; foi un acto propagandístico de consumo interno, planeado polos seus asesores de imaxe, incluso as palabras, que sacándoas de contexto, as puxo en boca de  Castelao.  Tiña como obxectivo, por unha parte, satisfacer ó sector mais galeguista do seu partido, facéndolles ver que el tamén ten presente o maxisterio de Castelao, ó mesmo  tempo, quítalle a ese sector galeguista de outros partidos a exclusividade da súa figura, disolvéndoa nunha nebulosa sen valor real.  Así, pra el, o rianxeiro ten o mesmo valor simbólico que pode ter o vermout das dúas.    

          Vai cara trinta anos que Celso Emilio Ferreiro nos deixou; o poeta de Celanova morreu en Vigo ós 68  anos. De todos é coñecida  “longa noite de pedra, que a escribiu na cadea franquista, onde estaba condenado á morte; foi militante do Partido Galeguista, e aínda que o partido desaparecera, el ségueo  vivindo o ideario galeguista. Un amigo seu contoume unha anécdota del, que por non ser coñecida vo la resumo. –En Pontevedra, onde vivía, foi a un baile, nun lugar, que agora xa non existe, que lle chamaban O BARBARELLA. Seique tiña unha dona moi guapa, e  un cadete da Escola Naval non lle quitaba ollo; Celso Emilio, moi mosqueado chamou o cadete e levouno para tras duns setes, alí baixouse os pantalóns e ensinándolle a ferramenta e espetoulle: ¿vostede cree que con esto eu podo ser maricón?. O cadetete avergonzado liscou do baile.

         Vosoutros teredes as vosas lembranzas, saberedes algunha anécdota, teredes o voso personaxe preferido; todos son importantes, porque en nos deixaron a súa pegada.

          Debemos ser conscientes da transitoriedade da vida, pero algunhas persoas nunca morrerán, a outras non nos agardan eses recoñecementos, así que temos que debuxa-lo futuro que nos guste. Eu escribín un día este sinxelo testamento:

No pasamento

                                                    

Cando o seu fin

Chegue o meu tránsito,

Que nas cumes nevadas

Ou nas carballeiras caladas

 

Solten as miñas cinzas,

Sen outra cerimonia,

Que devolverme á terra

Que a miña vida motivaba

 

Sentireime así ceibe

Entre os piornos floridos

En ladeiras soleadas

De toxeiras estendidas

 

Pra volver de novo á vida

Transportado polos rios

Ó pé dunha branca praia.

05/09/2009 10:41 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

Fantástico artigo. Ben falado, si señor. Meus parabéns

Fecha: 05/09/2009 11:55.


Autor: laura

ja,ja,ja!!! Que boa a anécdota de Celso Emilio Ferreiro...moito me rin!!!

Fecha: 05/09/2009 11:57.


Autor: Pepe

Ola a todos!! Eu veño de votar por "Gobernar de cu". Custóume decidirme pero penso que ese artigo ven a resumir perfectamente a estratexia política deste des-goberno. Gobernar de cu cara a cidadanía e de cara á galería. Saudiños!!

Fecha: 05/09/2009 12:11.


Autor: De Cantelo

Este artigo ven a mellorar, se cabe, a primeira parte de Os Mortos Viven, que eu votei como o mellor artigo do mes de Xullo.
E como di o Autor, efectivamente maís aló dos insignes galeguistas recoñecidos por todos nos, hai un bo fato de persoeiros anónimos que fan país todos os días na súa actividade cotiá. Todo suma para defender o noso patrimonio!!!

Fecha: 05/09/2009 19:13.


gravatar.comAutor: eu o autor

Alucino, penso coma vos.Eu xa estaba aburrido, namais empezar o do blog; pero hai tres cousas que me animan a continuar: este goberno coas súas animladas diarias, a persoa que meteu nesto e vos.
Sinto unha comunión de pensamento con vos tan grande, e necesito tanto a vosa compañía e aprecio tanto as vosas opinións que me motivan a seguir.
Eu, si puidera, gustáriame estar alí donde poidera defende-las miñas ideas; estou onde estou, e este é o único medio que teño.

Fecha: 05/09/2009 20:28.


Autor: pitademos

Encántame que te meteran neste lio, esa persoa sabe da túa valia que se demostra cas visitas diarias o blog. Os meus parabens.

Fecha: 05/09/2009 22:02.


gravatar.comAutor: Donicela

Boa tarde

Merecen o máis profundo respecto todos aqueles galegos e galegas que a través do tempo deixaron a súa pegada na memoria do noso país, pero non só os que morreron por el se non tamén, como moi ben falaches neste artigo, aqueles que dende o anonimato fixeron que sintamos Galicia como o ben máis prezado.

No meu caso, miña nai e máis meu pai foron os que dende pequena me fixeron amar a terra na que vivo, a loitar por ela e a protexela. Por iso me doe ver como os políticos e xente afín menospreza as nosas ideas. Moi por enriba deles temos que estar nós como persoas, como galegos e galegas, como xente do pobo… ó fin o tempo poñerá cada un no seu lugar.

Un bico

Fecha: 06/09/2009 21:21.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris