Facebook Twitter Google +1     Admin

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS II

20090918102418-esp4290608.jpg

 

           Santiago, dende que falta Estévez e Encarna Otero, hai unha carencia de políticos carismáticos.  Bugallo é un triste, e eso en política ten un prezo; van lle votar en cara a falla de talla profesional, pois o mais que chegou foi auxiliar nun Centro médico, tamén carece dunha formación académica  co respalde, aínda que as alcaldías gañanse por elección e non por oposición; non esquezamos que Santiago é a capital de Galicia. O meu modo de ver, ten no seu haber unha urbanización da cidade, tanto en vías de comunicación interna como en xardíns, que permitiron darlle á cidade a categoría de capital, aínda que o deseño fora de Estéz. Os seus socios do Bloque tamén lles falta un líder que arrastre; quizás si volvera Encarna Otero, faría esquecer, incluso, as intrigas da UPG.

          Lugo tíñao doado, pero o alcalde, moi personalista, ten a cidade descoidada, fai promesas que xa nade cree, é, como si   dixeramos, un partidario da desorganización total; Non ten maioría, pero non pon reparos  en que o apoie o PP. Precisamente no PP saben dos seu afán de protagonismo, procuran que non se xunte ós socios naturais pra gobernar, danlle corda, e a esperar que a froita caia de madura, O último invento da estación intermodal pon de manifesto que ou ben viven un mundo irreal, ou ten unha consideración moi baixa da intelixencia dos lucenses. Ten un problema, que non é culpa súa; Lugo non están nos trazados do AVE, e ten que asumilo e buscar outras saídas realistas; o malo é que lle gusta escapar da realidade e vivir soños.

          Pontevedra é como un circo, o mais difícil  todavía. Teresa Casal, tenente de alcalde e líder do PSOE no Concello, socia de goberno do BNG, fai de oposición dende o goberno: é como si Telmo  a tivera en nómina. Din que é a tenente de alcalde mellor pagada de Galicia, a súa nómina é case como a do alcalde, pero os cartos non a frean; ela quere ser alcaldesa; é bo ter ambicións, pero eso non está reñido co sentidiño. Telmo, do PP, aínda que ten mais altas miras, fretarse as mans; quere que nada quede solto, todo ben amarrado;  por eso lle están a votar unha man a Teresa, tanto Telmo como o Conselleiro de Medioambiente, poñendo contra as cordas o concello na recollida do lixo. Os políticos de corto recorrido  non senten na caluga o alento do PP,  os métodos  mafioso e  demais lindezas. O futuro ven moi escuro no Lérez.

          Vigo é un bocado moi apetitoso, Corina vaino a intentar; o goberno municipal é compacto, pero o PP está tentando morderlle por varios lados. O Plan  de Ordenación Urbana, O Lixo, O Saneamento e mesmo o idioma. Corina préstalle mais atención á cidade que o Porto, do que é presidenta, parece unha raposa axexando a un galiñeiro; ás súas obsesións, gañe quen gañe as municipais, vanlle pasar factura a Vigo. Os partido xa `poden fiar fino, esquecerse de liortas fratricidas e concentrarse no verdadeiro inimigo

           En Ourense de todo pode  pasar, xa que os problemas de  coalición son domésticos. Feijoo tenta dictar a política de acoso, marxinando ó poderoso Baltar, xa veremos en que queda; porque pode leva-lo a apartar a Baltar do mando da provincia, ou fracasar, por eso,  mais de gana por gaña-la alcaldía é dominar a Baltar, se é preciso apartaríao da política provincial. A  nade lle estrañe que o nomee pra un cargo en Santiago, pra sacalo de Ourense. O Conselleiro do lixo tamén os está amolar.

           Feijoo xógase moito nas municipais, se perde votos, a súa estrela murcharase, e a súa política de apoio a grupos ultras e desmantelamento de servicios, cambiará. Polo tanto Galicia tamén se xoga moito.

            Nos concellos pequenos vanse a pagar caras as 13 mocións  de censura de outros tantos concellos.  

      

18/09/2009 10:24 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Ferro

Eu penso que onde peor está a cousa é en Vigo. Corina vai moi forte, e Caballero turra á marxe do partido, pois leva un tempo afastado das directrices rexionais do Psdg-Psoe.
Dende logo está é, se cabe, unha das agrupacións locais máis difíciles de gobernar polos cadros dirixentes socialistas, porque teñen varias familias no seo da cidade olívica que son moi difíciles de mesturar. Con dicir que non teñen problemas en liarse a paus entre eles cando non están de acordo!!!
De sempre o consistorio vigués foi un galiñeiro con moitos galos, pero parece que pronto quen gobernará nel será unha galiña...azul?? Veremos....
En Santiago as cousas cambiarán pouco porque quen verdadeiramente goberna na cidade é a Xunta. O alcalde é un home de palla, e nese papel Bugallo non ten rivais...como preguiceiro e figurante non haberá quen lle gane, seguro.
Ademáis a alternativa do Sr.Conde Roa representa a ala máis dura do PP, o do Opus Dei...e non sei ata que punto ten suficiente respaldo da cidadanía. A Xunta volcarase seguramente en outras cidades para dar a batalla aos gobernos bipartitos e non creo que enrede moito na capital. Veremos...
Pontevedra está case perdida. O proxecto político que con tanto acerto iniciara o Bng hai dez anos está rematado e cada vez con menos apoio da xente. Por riba o PP ameaza con presentar algún peso pesado da política nacional, e iso aos pontevedreses, tan amigos do figurar, gustaralles moito.
Nos casos de Ourense e Lugo as cousas están moi igualadas. Dependerá de que os partidos de esquerdas se aveñan a negociar e loite nunha fronte común contra o PP.
Saúdos

Fecha: 18/09/2009 11:26.


Autor: farelo

Jope!!!
Pero é que nalgúns concellos o dilema entre a quen votar é de órdago...
Por exemplo, en Vigo:
Ti supón que tes que elexir entre o estreñido de Caballero (e menos mal que largaron ao xuíz de marras) e a enfermerita Porro.
Home, ainda tes a alternativa de Dominguez, pero o Bng non fai gran cousa na cidade.
E que é para pensalo...eh!!!

Fecha: 18/09/2009 11:33.


gravatar.comAutor: eu o autor

A agrupación socialista de Vigo é das mais conflictivas, e Caballero non é o mellor candidto, ainda están a tempo de elixir outro, mesmo Barros ou quen queiran, pewro quew o fagan pensando no partido e que remen pra gañar, que se esquzan dos líos que traen; e que empecen a promocionalo xa.
En canto a Bugallo, o mesmo. En ambos casos tewn que ser alguen capaz de suscitar adhesións, que non repele.

Fecha: 18/09/2009 17:30.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris