Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA AREA NO ZAPATO

20100119102727-84-7864-567-5.jpg

 

 

                Feijoo ten unha area nun zapato, non é precisamente Zapatero, chámase Pachi Vázquez: non se deixa seducir polo canto do urogallo e a Feijoo úrxelle atopar con quen aparearse e non aparecer como o político extremista que é.

                 Visto que  Pachi Vázquez sigue o seu rumbo e non cae nos  seus seductores brazos, optou por atacalo, votándolle a  culpa de alentalos enfrontamentos lingüísticos e tachándoo de radical e partidario de impoñe-lo galego.

               Hai que ter cara, e a mais, moi dura, pra achacarlle a outro a incitación a creación do conflicto lingüístico que el mesmo xerou,  e chamarlle radical, sendo el un radical, ó que solo apoia a extrema dereita.

               Láiase de que non reciba propostas positivas, de que os outros carecen de proxecto lingüístico; certamente, despois de rachar un consenso unánime, oírlle esto é irritante.

               Pachi di que Feijoo non usou un decreto, usou un martelo co  que pretende esmaga-lo galego.

               O mais prometedor, según Pachi, é que neste ano vaise destapar o caso Gürtel  en Galicia. Eu penso que o PPg, de por seu, xa é un caso especial, eles fan da corrupción un arte, e nesta ano  no vindeiro vanse a destapar apaixonantes casos, como pra que a Telegaita faga unha novela.

               Hoxe pásovos o  testigo, non escribo mais, algunhos fascistas póñenme dos nervios.

19/01/2010 10:27 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Raiola

Que queres dicir???
Retíraste???...pois vaia unha mágoa, co que me gusta ler este blog tódolos días!!!

Fecha: 19/01/2010 10:40.


Autor: Leborán

A min preocúpame que o liderado de Pachi Vázquez non está ben consolidado no seo do Psdg-Psoe, dado que este partido sen unha referencia clara e lonxe do poder voltará a loita de faccións que tanto dano lle fixo durante moitos anos en Galicia.
Veremos nas municipais segundo os resultados que se acaden no que queda este personaxe.
Que quede claro que a min o seu estilo gústame.

Fecha: 19/01/2010 10:44.


Autor: A.L

Eu son das teses que plantexou Anxo Lugilde hai non moito cando dicía que
a Pachi se lle achicou moito o espazo, entre a púrpura de Pepe Blanco, a gran referencia mediática dos socialistas galegos, e a eficacia de Leiceaga como voceiro.
Por debaixo, hai moita tensión territorial. Están os que se queren colocar para a nova etapa, como a ata agora secretaria de Organización Mar Barcón, que xoga a carta de Blanco, a mesma á que aposta Carmela Silva, voceiro do PSOE no Senado. E están os que queren sobrevivir, entre os que destaca a lexión de alcaldes desgastados, como o de Vigo, Abel Caballero, o da Coruña, Javier Losada, o de Santiago, Sánchez Bugallo, e o de Lugo, López Orozco.

Neste complicado taboleiro, Pachi ten que construír o seu liderado ante a sociedade. Todo apunta a que buscará un equilibrio con Blanco, recoñecendolle como gran referencia pero marcando o seu territorio autónomo en Galicia.

Fecha: 19/01/2010 10:47.


Autor: Cores

Eu tamén me andaría con coidado de pactar co PP, porque a fin resultaría como o abrazo do oso.
O incrible é o xogo de seguidilla que lle fai o BNG a certos postulados de Feijoó. Mesmo semella que cada vez están máis desnortados.

Fecha: 19/01/2010 15:43.


Autor: De Cantelo

Pois eu que queredes que vos diga...
A min a estratexia de Pachi Vázquez no tema das caixas pareceume un pouco errática.
Quere xogar a contentar a todos no seu partido, tanto os da Coruña que van a favor da fusión, como cos de Vigo, que se posicionan claramente a favor da independencia de Caixanova. Neste último aspecto facendo continuidade das bravuconadas de Abel Caballero, un persoeiro infame.
O Psdg-Psoe é e sempre foi un auténtico galiñeiro. Non vexo este home con capacidade nin autoridade suficiente para poñer orde no mesmo.
A min dame no nariz que vaise cara unha descomposición interna que solo pode remediar unha figura da proxección de Pepe Blanco ou alguén así.
En caso contrario mal vexo o futuro dos sociatas.

Fecha: 19/01/2010 16:14.


Autor: 12345

Personalmente me parece prudente la postura del PSdeG ante la elaboración y aprobación de una ley que tiene el aspecto de ser la mayor chorizada de la etapa democrática en todo el estado. El no querer ir en quinta por una camino de montaña lleno de curvas lo encuentro totalmente razonable. El compromiso que adquirieron no puede ser de ninguna forma un cheque en blanco ni dar a Feijóo patente de corso para, desde una situación de legalidad, burlarse de la legitimidad y de la propia democracia, desde el momento en que ésta ha de garantizar también los derechos de los perjudicados. Desde fuera da la impresión de que lo que se pretende es una especie de "expropiación" encubierta disfrazada sutilmente con aparentemente simples cambios en la composición de los órganos de gobierno pero cuyo exclusivo fin viene a ser el dotar a Caixanova de un órgano de gobierno-marioneta, manejable y afín a muy corto plazo a las ideas del gobierno gallego que permita una fusión de forma urgente. Pero las cosas no se pueden hacer así.

Fecha: 19/01/2010 16:16.


gravatar.comAutor: eu o autor

Eu tamén penso que a Fachada de Pachi Vázquez esconde as loitas do socialismo local, que se están dando patadas por debaixo dsa mesa; pero de cxara óoos electors a súa posturea é a que conta. En canto ás caixas é todo mais complexo do que se vei; o tamaño da caixa non garantia a solvencia. O proxectro de Feijoo e entregarllas a Caja Madrid Fusionadas, todo limpo. Os localismos dos alcaldes son pra gañar votos, sabven que ewlesa non pintran nada. Faremos un artigo

Fecha: 19/01/2010 19:22.


Autor: Val Miñor

A min a maneira de expresarse, a dialéctica de Pachi Vázquez non é que me disguste, pero concordo con varios de vosoutros cando digo que probablemente non é figura para disputar a Presidencia da Xunta nas vindeiras autonómicas.
Sospeito que é un home de palla para deixar que Freijolito se vaia queimando no poder, e cando estea desgastado zumbarlle cun peso pesado enviado dende Madrid, ou con outra figura do localismo socialista galego.
De momento o seu traballo ten que ser erosionar aos poucos ese poder omnipresente que ten o PP en case toda Galicia. Unha laboura de zapa, para que nos entendamos.
As empresas maiores quedarán para outro personaxe. Apostaría por Pepiño Blanco.

Fecha: 19/01/2010 20:32.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris