UNHA AREA NO ZAPATO
Feijoo ten unha area nun zapato, non é precisamente Zapatero, chámase Pachi Vázquez: non se deixa seducir polo canto do urogallo e a Feijoo úrxelle atopar con quen aparearse e non aparecer como o político extremista que é.
Visto que Pachi Vázquez sigue o seu rumbo e non cae nos seus seductores brazos, optou por atacalo, votándolle a culpa de alentalos enfrontamentos lingüísticos e tachándoo de radical e partidario de impoñe-lo galego.
Hai que ter cara, e a mais, moi dura, pra achacarlle a outro a incitación a creación do conflicto lingüístico que el mesmo xerou, e chamarlle radical, sendo el un radical, ó que solo apoia a extrema dereita.
Láiase de que non reciba propostas positivas, de que os outros carecen de proxecto lingüístico; certamente, despois de rachar un consenso unánime, oírlle esto é irritante.
Pachi di que Feijoo non usou un decreto, usou un martelo co que pretende esmaga-lo galego.
O mais prometedor, según Pachi, é que neste ano vaise destapar o caso Gürtel en Galicia. Eu penso que o PPg, de por seu, xa é un caso especial, eles fan da corrupción un arte, e nesta ano no vindeiro vanse a destapar apaixonantes casos, como pra que a Telegaita faga unha novela.
Hoxe pásovos o testigo, non escribo mais, algunhos fascistas póñenme dos nervios.
8 comentarios
Val Miñor -
Sospeito que é un home de palla para deixar que Freijolito se vaia queimando no poder, e cando estea desgastado zumbarlle cun peso pesado enviado dende Madrid, ou con outra figura do localismo socialista galego.
De momento o seu traballo ten que ser erosionar aos poucos ese poder omnipresente que ten o PP en case toda Galicia. Unha laboura de zapa, para que nos entendamos.
As empresas maiores quedarán para outro personaxe. Apostaría por Pepiño Blanco.
eu o autor -
12345 -
De Cantelo -
A min a estratexia de Pachi Vázquez no tema das caixas pareceume un pouco errática.
Quere xogar a contentar a todos no seu partido, tanto os da Coruña que van a favor da fusión, como cos de Vigo, que se posicionan claramente a favor da independencia de Caixanova. Neste último aspecto facendo continuidade das bravuconadas de Abel Caballero, un persoeiro infame.
O Psdg-Psoe é e sempre foi un auténtico galiñeiro. Non vexo este home con capacidade nin autoridade suficiente para poñer orde no mesmo.
A min dame no nariz que vaise cara unha descomposición interna que solo pode remediar unha figura da proxección de Pepe Blanco ou alguén así.
En caso contrario mal vexo o futuro dos sociatas.
Cores -
O incrible é o xogo de seguidilla que lle fai o BNG a certos postulados de Feijoó. Mesmo semella que cada vez están máis desnortados.
A.L -
a Pachi se lle achicou moito o espazo, entre a púrpura de Pepe Blanco, a gran referencia mediática dos socialistas galegos, e a eficacia de Leiceaga como voceiro.
Por debaixo, hai moita tensión territorial. Están os que se queren colocar para a nova etapa, como a ata agora secretaria de Organización Mar Barcón, que xoga a carta de Blanco, a mesma á que aposta Carmela Silva, voceiro do PSOE no Senado. E están os que queren sobrevivir, entre os que destaca a lexión de alcaldes desgastados, como o de Vigo, Abel Caballero, o da Coruña, Javier Losada, o de Santiago, Sánchez Bugallo, e o de Lugo, López Orozco.
Neste complicado taboleiro, Pachi ten que construír o seu liderado ante a sociedade. Todo apunta a que buscará un equilibrio con Blanco, recoñecendolle como gran referencia pero marcando o seu territorio autónomo en Galicia.
Leborán -
Veremos nas municipais segundo os resultados que se acaden no que queda este personaxe.
Que quede claro que a min o seu estilo gústame.
Raiola -
Retíraste???...pois vaia unha mágoa, co que me gusta ler este blog tódolos días!!!