Facebook Twitter Google +1     Admin

NADA QUE CELEBRAR

20100506105556-1-maio.jpg

 

 

          O primeiro de maio foi un día triste, sen nada que celebrar e cunhas reivindicacións que reflectían o acollonamento do persoal. Cunha cifra de paro de vértigo, un futuro negrísimo e unha economía feita uns zorros.

            O partido socialista enrócase ó rededor dun cadáver político, un cadáver, que o que fai é hipoteca-lo futuro do partido socialista. Vai deixar  un cheiro a morto, que apestará, por anos, a casa dos socialistas, poren os traballadores   agárdalles unha longa convivencia coa dereita.

            A visión dun POSOE divido, no que Montilla actúa, non solo de costas a Madrid, senón tensando a corda do separatismo pra aparecer como mais nacionalista cos nacionalistas, faille un fraco favor ó socialismo. Cando alguén, como Montilla, monta nun bravo, sen cre-lo que fai, o resultado da partida está cantado, especialmente cando  hai interesados en sacar tallada. O que ocorre, llanamente, é que Montilla non quere que o asocien con Zapatero, que é un cadáver moi contaxioso; senón que llo digan a Pachi Vázquez que perdería, segundo as enquisas, dous deputados, gracias ó efecto Zapatero.

            Os traballadores que, sen ser invitados, terán que paga-la conta, agárdanlles moitos primeiros de maio negros, de convivencia con políticas neoliberais. Non se contenta quen non quere, a menos libraranse de Zapatero, que querendo parece-lo aliado da crase traballadora, é o seo peor inimigo.   

06/05/2010 10:57 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Anónimo

Negro ano para a historia de Galicia o que deixamos atrás. O pior de todo é que as perspectivas non semellan que mellore a cousa de aqui en diante

Fecha: 06/05/2010 13:24.


Autor: Desiderio

O que urxe e un cambio radical da política económica do gobern, porque de non ser así imos todos ao carallo.
Zapatero é un inútil total, un analfabeto funcional.

Fecha: 06/05/2010 16:34.


Autor: Anónimo

Estades trabucados en algo...mesmo nesta situación de aguda crise por incrible que semelle, hai xente que nunca tanto carto ganou.
Seguramente non será o común dos traballadores, pero algún especulador estase poñendo as botas...

Fecha: 06/05/2010 17:32.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris