NADA QUE CELEBRAR
O primeiro de maio foi un día triste, sen nada que celebrar e cunhas reivindicacións que reflectían o acollonamento do persoal. Cunha cifra de paro de vértigo, un futuro negrísimo e unha economía feita uns zorros.
O partido socialista enrócase ó rededor dun cadáver político, un cadáver, que o que fai é hipoteca-lo futuro do partido socialista. Vai deixar un cheiro a morto, que apestará, por anos, a casa dos socialistas, poren os traballadores agárdalles unha longa convivencia coa dereita.
A visión dun POSOE divido, no que Montilla actúa, non solo de costas a Madrid, senón tensando a corda do separatismo pra aparecer como mais nacionalista cos nacionalistas, faille un fraco favor ó socialismo. Cando alguén, como Montilla, monta nun bravo, sen cre-lo que fai, o resultado da partida está cantado, especialmente cando hai interesados en sacar tallada. O que ocorre, llanamente, é que Montilla non quere que o asocien con Zapatero, que é un cadáver moi contaxioso; senón que llo digan a Pachi Vázquez que perdería, segundo as enquisas, dous deputados, gracias ó efecto Zapatero.
Os traballadores que, sen ser invitados, terán que paga-la conta, agárdanlles moitos primeiros de maio negros, de convivencia con políticas neoliberais. Non se contenta quen non quere, a menos libraranse de Zapatero, que querendo parece-lo aliado da crase traballadora, é o seo peor inimigo.
3 comentarios
Anónimo -
Seguramente non será o común dos traballadores, pero algún especulador estase poñendo as botas...
Desiderio -
Zapatero é un inútil total, un analfabeto funcional.
Anónimo -