Facebook Twitter Google +1     Admin

TENRO

 

 

Farjas con Romay Beccaría

 

           O de SANTA TERESA  non é un invento meu, foi a comparanza que fixo Romay de Barjas. Os dous comparten unha fe dentro da fe. As súas crenzas relixiosas e a militancia no OPUS DEI é algo que merece ríspeto; o que xa non é, sequera admisible, é que a súa militancia ideolóxica e relixiosa a Queiran impoñer a todos.

            Na foto vémolos compartir as confidencias da política, baixo a atenta e compracente mirada  da Deputada por Pontevedra. Pra darlle un pouco de picante á foto e vida terreal, vótase en falta ó Presidente da Deputación de Pontevedra e Telmo. Entón si que o cadro acadaría unha apoteose de misticismo, digna do Greco, amosando o terreal e o espiritual.

             Sen deixarse levar pola tenrura das imaxes, recordemos catro cousas: Romay foi chamado polos mandamais do PP pra dar unha  nova imaxe das  contas de Xénova, que fixeran esquece-la corrupción económica interna, e pra eso nada mellor que un venerable  ancián.      

            A Sanidade manexa moito diñeiro, si  se  poden facer recortes es destina-los cartos a outros proxectos, é o sitio axeitado. O Hospital de Vigo foi o primeiro en sufrir recortes e a súa construcción e explotación estarán a  cargo dunha empresa privada.    No proxecto de ampliación do hospital de Pontevedra era unha minucia económica o que custaba, a Administración Local xa se involucrara na infraestructura, pero chegou a Administración de Feijoo e escuros intereses se conxugaron, abandonando o proxecto pra mudalo e acomete-la construcción dunha nova infraestructura. A proximidade das eleccións locais, determinou, no mais puro estilo caciquil, recortar 90 millóns de euros, 15.000 millóns das antigas pesetas, pra transferilas ós concellos, por  suposto do PP, pra apuntala-los candidatos de cara ós comicios electorais. Como na antiga Roma Circo pro pobo, que implementan coas algaradas dos galegos da diaspora. ! Que grandes son!.

            Gracias á Conselleira de Sanidade, os doentes do rural terán que desprazarse á capital pra atención médica. Ben feito, son os seu votantes e hai que poñerlles o celicio. OS Centros de Saúde, sostidos na súa maioría polos concellos, irán pechando. Cada pobo ten a colleita do que sementa.

24/05/2010 11:43 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Boutureira

Pois que mágoa, porque eu non podo ver a foto. Non sei se é defecto meu ou problema do blog. Un saudiño dende Asturias!!!

Fecha: 24/05/2010 15:05.


Autor: Pontevedrés

Incompresible desde o punta de vista da lóxica o proxecto de derrubar Montecelo e facer outro hospital de novo en sabe Deus onde...
Coa cantidade de cartos que se levan gastado no Complexo neste últimos anos, e pensar que agoran queren comezar de novo...
Todo sexa para encher os petos dos amigotes e dos construtores. Xa vexo ao Telmo afiando os seus dentes de coello. Agora que se lle acabou o chollo da construcción residencial, a ver o que tarda en meter o coitelo nesta tarta!!

Fecha: 24/05/2010 18:47.


Autor: Volvoreta

Eu tampouco vexo a foto, tan só o pe que pon "Farjas con Romay Becarría"
Noraboa polo blog

Fecha: 24/05/2010 18:50.


Autor: Val Miñor

Menudo caralavada o Telmo. O desprezo aos miles de cidadáns que nos manifestamos pola rúa da Capital do Lérez para protestar polo proxecto do novo hospital semi-privado, e para que non nos den gato por lebre, non lle sairá gratis, eso espero.
Primeiro faltou a verdade cando dixo que eramos catro matados, e logo dixo que a xente fora enganada.
A iso chamo eu ter cara, e o resto son coñas!!!

Fecha: 24/05/2010 18:58.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris