SANIDADE, o futuro que ven
Asombra a propios e a estraños. Din que a Conselleira de Sanidade é do sector mais duro do PP, que vai por libre, e que O Presidente non pinta nada na súa area. Ten unha idea, que é o seu norte: favorece-la sanidade privada, a costa do actual sistema.
Lonxe de reforma-la sanidade pública, para facela mais viable daralle o golpe de graza, para sementa-lo caos. Certo é que hai moitos recursos mal aproveitados, pero iso non da pe a unha desfeita do sistema. A súa actuación, hasta agora mais lograda, foi a roda de prensa que deu para falar do hospital do Salnés, na que se superou a si mesma.
Foi a primeira en falar dos furados negros e, aínda que iso é unha consigna do partido, para non cumpri-las promesas electorais e, o mesmo tempo, xustifica-la súa inoperancia, ela marcou un listón difícil de igualar.
É sabido a súa oposición e menosprezo do galego. Isto non é unha pose, ademais, da súa opción persoal, reflexa o enfermizo empeño do goberno Feijoo na súa cruzada imperial contra do galego
A vindeiro afeitado é pro proxectado hospital de Vigo. Ela vai para-lo proxecto, como sexa; a culpa, como non, será do bipartito, que se preparen os vigueses, ademais de negárlle-lo pan, vailles vende-la moto. Algo semellante fará cos outros Centros e, co que aforre e, cos furados negros que invente, terá recursos para a sanidade privada, para facer negocios privados co servizo público.
As infraestruturas, equipamento, persoal, etc, serán obxectivos da súa obsesión. Nubes negras nos agardan
0 comentarios