SANIDADE
.
A Sanidade é un touro difícil de lidiar e con pouco interese en arranxalo. A intención do PP e converter a sanidade, a educación e os servicios sociais, en servicios de beneficencia, e crear negocios privados con fondos públicos.
Suprimiron as peonadas, que se crearan co obxectivo de reduci-las listas de espera, pero que os profesionais sanitarios utilizaron para cobrar mais facendo o mesmo, eles mesmo mataron a galiña dos ovos douro.
O malo da supresión das peonadas está en que o PP non creou nada alternativo, o deles é simplemente destruír: o mesmo están a facer con tódalas xefaturas, nomeadas nos gobernos Fraga ou baixo o bipartito; chega con que prestaran servicio durante o goberno anterior.
Todo esto o único que demostra é a catadura moral de quen nos goberna, que lle importa pouco o funcionamento do sistema, o único que os move é un afán de revanchismo difícil de comprender, que solo unha mente enferma o pode levar a cabo.
Os altos cargos da sanidade tráennos de Madrid, os profesionais do pais son uns inútiles pra eles.
O PP non se lle ocorre remediar o inxustificado consumo de actos médicos, ou de farmacia, que nos levará irremediablemente ó copago; o que pretenden é que o sistema explote e se faga inviable pra privatizalo.
Os centros de primaria convértense en centros sociais de doentes da terceira idade, a falta de servicios propios, xa que nos centros de maiores considéranse equipados cunha baralla e un periódico. Neses lugares debíanse equipar con un grupo médico axeitado, incluído un psiquiatra, así non habería esa carga nos Centros de Saúde e poderían admitir urxencias, derivando os casos graves ós hospitais e os outros ó domicilio
Houbo unha purga nos cargos de libre designación, na sanidade seguiuse o guión do partido, nada orixinal se coceu. É de salientar que os hai incombustibles, resistiron o cambio. Cando vin que seguían á Conselleira nas súas presentacións como cadeliños, pensei nos moitos lambecús que hai; todo cambia pra seguir igual; que me paren o mundo que eu báixome.
0 comentarios