Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CRISPACIÓN

 

          No Pazo do Hórreo vívese nunha crispación diaria; non só cando o líder sube ó estrado, enchido de soberbia e mirando ó tendido con desprezo, votando o queixo, coma se fora un accidente xeográfico. Como se de unha coreografía se tratara, os subalternos  tamén fan os seus pinitos, imaxínome que seguindo unha consigna.

          O seguimento, evidente, na persoa da Conselleira de Facenda; que como non, tamén ataca o galego, aínda que non veña a conto, nin sexa a súa función.  

          A Conselleira de Facenda debía falar da emisión de débeda pública que fai o PPdegE, nada mais tomar posesión, e a primeiros de ano, sen que se saiba a finalidade clara do brutal endebedamento. Pódese calcular que, dos douscentos millóns de euros, cos que nos endebedaron, só deberon chegar, como moito, cento cincuenta millóns ó Tesouro galego; pois ai que pagar unha forte prima ás entidades financeiras, para colocar unha débeda dunha Administración que veñen desacreditando. Independentemente  do grupo de risco no que está cualificada, nun momento de crise financeira, con un forte constrinximento da actividade crediticia; pregúnto, o mesmo que calquera, ¿cal é o proxecto estrela do PPdegE, para xustificar, de saída, este brutal endebedamento?

          Dicía Feijoo na campaña electoral, entre outras promesas que quedaron neso, en promesas, que ia baixa-los impostos; non solo non os baixou, senón que nos afunde, un pouco mais, no pozo da pobreza con ese endebedamento. Os impostos, ó menos, ten que pagalos soamente os que realicen unha actividade económica suxeita a tributación, pola contra a débeda recae sobre todos. Esa sería a maneira de baixa-los impostos que propón o PP e que ninguén a podería explicar mellor que eles mesmos; si aínda os electores non o entenderon. Que siga o enterro.

          A prensa independente  publicou unha foto do Conselleiro de Educación, subindo o coche oficial, cunha cara de flipado que da medo, logo de clausura-lo curso nun colexio de Ribadavia. Alumnos, pais de alumnos e mestres apupárono polo seu ataque ó galego.

     Temos un goberno de ocupación, de xenocidas  culturais,  ademais pon todo o empeño en crear entre os cidadáns un clima de crispación; namentres pasa dos asuntos de goberno cunha  parálise e carencia de ideas. Arrasa con todo o que fixo o goberno anterior, intentando, así, demostrar quen manda neste pazo; non é solo o arraso que fan, senón o énfase que poñen nel.

0 comentarios