GALEGO CORDIAL
“Galego cordial”, frase utilizada por Feijoo na entrega das medallas Castelao. Xa sabes: cando mexen por ti, di que Chove; entón serás un galego cordial. Nada de queixarse, de poñer en dúbida a doutrina do Líder; non disintamos do pensamento único. O líder amosaranos o camiño.
Vendo a entrega das medallas Castelao algo se me retorceu nas tripas, non digo que os galardoados non mereceran o recoñecemento de Galicia; si Castelao levantara a cabeza volvía a morrer, vendo quen usaba o seu nome, o que quere facer unha limpeza étnica en Galicia; pero o Líder, ademais, pasouse sete pobos cando citou a Martín Luther King, Ghandi, Obama e Nelson Mandela; conciliadores como el ¡que modesto!
Feijoo fixo unha visita Institucional a Pontevedra, con chulería, arrogancia e provocación, !como debe ser!. Do hospital que proxectou o bipartito, xa se falará dentro duns anos, o das Superdelegacións da Xunta: asunto pechado; calquera proxecto en marcha, adiase. Agora Pontevedra, xa vos visitou o líder, namentres Telmo vixíavos, a durmir; xa vos avisarán cando vos precisen.
Véndense vintetrés Audis do Parque Móbil da Xunta, blindados, etc., etc.; parados e xente que non ten para comer, preparade os cartiños; boa oportunidade; preferencia…… bueno, o mellor non sodes chamados ó convite. Gárdanse as formas: venderanse en poxa. Eso demostra que temos un goberno moi apañao, Escoitando estas noticias a un danlle gañas de pedir que paren o mundo para apearse. Mercan eles mesmos os Audi, acusa a Touriño de pasearse nun Audi, chegan o pode e toman a esperpéntica decisión de desfacerse deles; dáse a razón de que se fai para aforrar, malgástase o patrimonio público e trafícase con el e quéresenos facer creer que por o noso ben, pra aforrar. Esto é flipante, non é doado de entender: os Audis mercounos o derradeiro goberno Fraga, do que formaba parte Feijoo, sobrábanlles os cartos por entón, agora parece que tamén. Fraga, para ir a Vigo, montaba nun c-6, que logo usou Quintana. Os coches, a maioría, non teñen mais de seis anos, ós mortais tardamos mais en trocalos; agora apelan a que vai ser un goberno austero, trocará eses Audis por coches novos. ¡curioso xeito de aforrar!. Pro que fan podían ir en burro, así tamén aforraban en gasolina e, incluso, podían aprender algo dos animais.
Un grupo de empresarios tivo os eses de queixarse da parálise da Xunta, nin lles pagan, nin licitan obras novas; segundo eles están o borde da quebra; seguro que non son uns galegos cordiais. Namentres o goberno de Feijoo ó seu, coches novos, boas papancias e ó país verzas con unto...e !houberas!.
Xa que andan polo parque móbil, ¿cómo non eliminan mais coches?, os que soen levar algúns funcionarios e termínanos usando para asuntos particulares, e a Xunta corre cos gastos. Tamén Directores Xerais e outros viven a varias ducias de kilómetros e asígnalles coche e chofer. Funcionarios que viven fora de Santiago, porque queren, e páganlles dietas. ¿Aforran no chocolate do loro ou é un brindes ó sol?. Imaxe. Supoño. Aínda que seades galegos, sede cordiais, a limpeza étnica está e marcha.
0 comentarios