Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

 

 

 

AUTOCRITICA xa

 

          Teresa Táboas, que foi conselleira de vivenda, no anterior goberno, polo BNG, salientou a necesidade de facer unha autocrítica e quizás a necesidade de refunda-lo BNG, namentres Guillerme Vázquez, actual secretario Xeral do BNG, nomeado pro cargo co apoio dos coroneis da UPG, non quere disentimentos internos, nin criticas, todo moi na liña do marxismo mais ortodoxo; recórdame o líder albanés  Enver Hoxa

          Seguro que moitos dentro do BNG pensan o mesmo que Táboas; dende logo os electores parecen darlle a razón. Nunha recente enquisa que publicou xornal.com, os que noutrora votaron o BNG deixaron de facelo porque, segundo eles, o BNG  desviábase dos asuntos cotiás e mundanos, que lles afectaban, para irse ó terreo da ideoloxía pura; falar dun estatuto de nación, que poucos sabían en que consistía, e cousas polo estilo, levar unha xeito de vida e predicar outro, desconcertou o electorado.

          Vemos a cotío que os vendepatrias e ananos de toda caste, subiron ó poder, urxe votalos fora por medios democráticos, para elo hai que facer unha autocrítica de todo o que se fixo mal, e cal é o xeito de volver a conectar co electorado; os que dende dentro se opoñen a elo son os inimigos que hai que chimpar.

          O slogan da campaña “mais BNG” foi desafortunado, era tanto como dicir que se afondaría nos erros.

         O mais malo é que algún ve éxitos onde hai fracasos; así imos mal, o BNG non pode vivir nunha longa sangría, é parte de Galicia, un pilar mais da democracia.

         Os que solo somos espectadores quédanos a esperanza de que algún Organismo internacional nos declare especie en vías  de extinción, e nos protexan como o lince ibérico.

         As Institucións  da Cultura Galega, se alguén o dubidaba, despértanno do seu sono, só pra que se dea  conta de que son cementerios de vacas sagradas, alleas ós problemas culturais e sociais do pais; tamén tiñan que facer autocrítica da súa labor. Penso que nunca veremos unha autocrítica, dubido que estean dispostos a poñer e perigo as súas mulidas cadeiras, aínda co pais se funda e os lobos se paseen polo chan patrio, como monstros sedentos, chupándolle a sangue o pobo, e votándolle a culpa das súas falcatruadas a outros.

 

0 comentarios