Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS CAIXAS A DEBATE

AS CAIXAS A DEBATE

 

 

          As caixas carecen de ánimo de lucro, dan servicios a poboacións dispersas, moi importante en Galicia, acceso o crédito, captando a metade, ou mais, do aforro. Calaron tan fondo que, de non existir habería que inventalas.

          O apoio á investigación, a sanidade, o desenrolo, asistencia social, a cultura, etc, son parte dos seus fins e razón de ser.

          A politización dos Consellos de Administración é a nota mais negativa das Caixas. Coa pretendida absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid, tal como se proxecta, sería un deseño político do PP. 

          Os líderes políticos amosaron unha sospeitosa unanimidade, defendendo a autonomía de Caixa Galicia, que nos produce, mais que tranquilidade, desconcerto.

          O PP foi quen deseñou o plan, nembargantes, algunhos líderes autonómicos saen defendendo a necesidade dun grupo financeiro galego. Logo do que dixo Feijoo, e repetiuno, de que non tiña un  criterio sobre o asunto, e que en oito meses terían un informe, (pra autosia, supoño), a luz fáiselle, e sae dicindo que non autorizará a absorción, !flipante!.

          A vontade política é importante, tamén  a decisión do Banco de España; pero Galicia non pode permitirse que a deixen sen un instrumento financeiro para o seu desenrolo, e entrar na guerra que monta o PP con outros territorios do Estado; é a súa guerra, que a libren Montoro e Rajoy.

          Caja Madrid, ademais de estar moi politizada, ten un índice de morosidade moi alto, se tivera menos recursos xa tería quebrado.

          Alguén puxo o exemplo de caixas pequenas, que estaban a punto de quebrar, pero eso no é solo polo seu tamaño; non se poden concentrar riscos, ni estendelos pes fora da manta, o que houbo, sinxelamente, foi unha mala xestión.

          Co gallo do Consello da Xunta do 6-08-09, Feijoo fixo unhas reflexións propias dun gran líder coma el; parecía un tigre de papel. Nade lle vai a impoñer un calendario de fusións das caixas, a competencia é de el, solo de el; vai de sobrado, alucinante. Penso que fala, porque necesita chama-la atención; !que incontinencia verbal a súa!.          Penso que o mais triste e que non sabe o que di. O Conselleiro de Economía seguro que sabe de que vai esto, pra eso é o Conselleiro de Economía e, ademais, está moi ben asesorado. Franco, Franco, eras baixo e pequeno, pero os líderes estes fante grande   

10 comentarios

son do miño -

As caixas son de tódolos galegos, ainda que algúns dos seus directivos semella que sexan os seus propietarios. A Xunta debe relevalos e dirixir un proceso de converxencia das duas caixas de xeito que Galicia fique con unha gran entidade financeira propia, blindada contra as agresións do imperialismo madrileño, neste caso, cal é o Problema??: non vexo vontade política no actual goberno galego.

Tareixa -

Eu tamén merco en Gadis , Zara, a leite é Feiraco. son cliente de Fenosa por obriga e de Caixanova por que me peta.Falo galego en Zara, Fenosa , Caixanova e Gadis e ninguén me mira mal (non teño complexos, ao mellor é por eso) A miña filla ten a hipoteca en CaixaGalicia, meu pai alí a sua pensión. Non estou dacordo coa venta ou absorción de ningunha das caixas galegas por xente de fora, e as catro perras que poida ter nunha conta calquera , eu e a miña familia, non ficaran nela no intre en que esta non sexa galega.

Xurxo -

Sí, compro Feiraco antes de venderse Leyma, teño un Xara fabricado en Vigo, e por suposto voto como galego voto BNG, e non teñas ningunha dúbida que retirarei toda a miña confianza nunha caixa ou calquer empresa ou poder político que non teña as súas estructuras e tomas de decisións asentados no meu País. E baséome na experiencia, Endesas, Leymas, Fenosas, Fadesas etc...

tanque -

Estase a valorar esta cuestión como si fose un equipo de futbol, un monumento,... dando cifras de despidos e baixada da inversión en Galiza, pero ¿quén sabe isto realmente? Hai que ter en conta que isto teñen que analizalo os que saben e con miras ó futuro. alguen escribiu que cancelaría as suas contas si se fusiona con Cajamadrid, supoño que esta xente compra leite do pais, compra no Froiz o Gadis e non en Alcampo, Corte inglés. Compra a casa, si pode, a promotores da terra, teñen un "citroen", ven a galega, van o cine a ver películas galegas,........ En realidade, a persoas normais, coñece a alquén que lle axudara Caixa Galicia, eu non. O mellor é ter una entidade forte con gran implantación na terra, se chame como se chame.

sempre en galiza -

Estas lerias veñen fomentadas pola ausencia absoluta de liderado de Feixóo. Acusoo de “dimisión na defensa dos intereses de Galicia” e de estar ao servizo de Raxoi e Esperanza Aguirre, é dicir “ao servizo do PP estatal antes que ao servizo do país”.
É por iso que ao presidente pregaríalle que actúe xa e deixe de pedir máis tempo antes de tomar unha decisión mentres todos os presidentes autonómicos están a prol da integración de caixas do mesmo territorio para que adquiran músculo, e eviten a fusión con caixas de outros territorios. Que pense que as caixas están para valer á cidadanía, e non para valerse dela!!!

Castrelos con cachelos -

A min gustaríame alertar do gravísimo perigo de expatriación dos nosos aforros, pois as caixas galegas captan máis do 50 por cento do que gañan os galegos.
Amaís disto, os expertos prevén que o mapa de caixas no Estado ficará reducido a dez entidades. O proceso de concentración é inevitábel, nembargantes ante esta concentración, eu demandaría crear unha única e gran caixa galega...para evitar que Galiza fique sen institucións financeiras propias. Paréceme a solución a este desaguisado

recamán -

Cumpridos xa cen días temos xa elementos bastantes para axuizar a xestión do novo goberno e máis tamén para indicar as tendencias que van sinalar a presidencia de Núñez Feijoo marcada pola inacción prática e o activismo mediático. Como bo exemplo temos o posición adoitada nesta polémica, na que o goberno do PP, lonxe de mirar polos intereses de Galicia, semella que se aplica en cumprir cos ditados da dirección nacional de Génova. Si ben parecen querer engaiolarnos cun artificioso ademán de promover un grupo financeiro galego, todo ben promocionado polos medios informativos, non achamos razóns para crer que as súas verdadeiras intencións son preservar o que debemos considerar como unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento económico do país. Efectivamente trátase dunha fonte de financiamento fundamental para as familias e as pemes galegas. Se finalmente esta Xunta se vence ás imposicións de Madrid teremos perdido moito, moitísimo, na nosa capacidade de manobra neste eido, e quedaremos á mercede dos intereses doutros, ben lonxanos da nosa terra

eu o autor -

Ainda co fin altruista e social era algo que se remonta á constitución das caixas, hoxe xa non é o seu principal argumento, pero, con todo o reparto de dividendos, o que non vai a reservas ou impostos, desínase a obras sociais; pero pra min, o mais importante é a finaciación de pequenas empresas e familias, onde os bancos non vein grandes beneficios. Fai tempo que os bancos queren meterlles o dente, como fixeron con Caixa Postal. O sunto é se queremos globaliza-las caixas, ou volvemos os seus orixes.
É certo o do déficit de Caja Madrid; todos recordamos o pau que lle deu Martinsa, tampouco se libro Caixa Galicia. Aí o sr Jove ten moito que decir. O bo e que a ningún de nos nos da un crédito con tanta facilidade. Non hai a nade encausado polo asunto.

roda -

Os bancos son sociedades anónimas, mentres que as caixas de aforro réxense pola lei de sociedades limitadas de carácter fundacional, motivo polo que deben destinar, por exemplo, unha parte dos seus dividendos a fins sociais ou teñen representación gobernamental no seu seo, aínda que non por iso deixan de ser privadas. Velaí a diferencia entre estes dous tipos de entidades. Nas caixas é fundamental a notable participación pública, a través dos seus representantes e tamén é fundamental o seu carácter pseudo-altruista conformado polas prestacións sociais ás comunidades onde se asentan. Por iso o Banco de España, a través do seu Presidente, Sr.Ordoñez erra, ó meu parecer, na estratexia de implantar un modelo de tipo bancario para as caixas. Ainda que supoño que os banco, eses tiburóns financeiros, andan detrás destas escuras manobras...

madialeva -

A funsión de Caixa Madrid e Caixa Galicia, sería o negocio do siglo de Esperancita. Caixa Madrid aparecia fai pouco como un das caixas con mais débeda, non entendo entón como se pode fusionar con outras duas.