GOBERNAR DE CU
Gobernar de cu, ou de recú, non é o mesmo que gobernar co cu, aínda que vendo o que se ve, non é doado saber cando se trata dunha cousa ou da outra.
Pros que gobernan o importante non é o resultado da súa xestión, o importante é parecer que fan algo.
Cando o negocio este da Xunta se estaba a poñer en marcha, e San Caetano aínda estaba baleiro, alguén ordenou que permaneceran acendidas tódalas luces, e unha gran bandeira de Galicia estaba izada no alto do edificio; dicía que así a xente tiña a percepción de que se traballaba.
O Executivo da Xunta vai de recú, goberna de costas o pais, mirando sempre o que fixeron os que os precederon, pra eles desfacelo; pode que sexa unha voa táctica política a corto prazo, pero o ir de cu, non se sabe pra onde camiña, nin a onde dirixe os seus incertos pasos.
Gobernando de cu, non se ven os problemas, e nalgún momento terán que da-la volta e camiñar de fronte e atoparanse cos moitos problemas que hai, xa non poderán esconde-la súa incompetencia, votándolle a culpa a outros.
O malo será si aínda que dean a volta, e xa non camiñen de cu, gobernarán co cu. Visto o visto, eso é o mais probable.
O tempo perdido é malo de recuperar, pero si a eso lle engadimos unha involución que nos achegue o home de Cromañón, terémolo mais difícil. Feijoo despedaza o pais, xa anunciou que ía anula-lo concurso eólico, que era o único que lle quedaba. Os adxudicatarios xa se fretan as mans, facendo contas do que lles toca de indemnización, sen haber invertido un euro.
Veredes dentro duns días a Feijoo superarse a si mesmo.
Do prometido na campaña electoral, nada, de nada.
Vai nevar moito, pasaremos moito frío nesta etapa de xeos, de nos depende que o paréntese dure pouco.
9 comentarios
A troita -
eu o autor -
madialeva -
roda -
piuxiño -
serpe -
eu o autor -
a cabra do saviñao -
piuxiño -