O CABALEIRO DE BARATARIA
Os seus acólitos fan un panexírico e loan o cabaleiro, que envolto na súa capa de branco armiño, pero é un cabaleiro de xoguete, que volve pra súa mansión de Monte Pío, logo de arremeter, lanza en ristre, contra dos muíños de vento, que o ignorante Blanco, (ignorante segundo el), autorizara plantar nos montes da súa Barataria a xente allea o gran negocio; menos mal que o tíñamos a el pra defendelos magnates das finanzas, os que lles garantirá negocios rendibles sen oposición de advenedizos, sen que teñan que comparti-los beneficios coa Xunta, Concellos, gandeiros, conserveiros, Asociacións de veciños, etc. Pra garda-las aparencias poñeralles un ridículo canon que non chegue o 4%. Tampouco hai que pasarse, diría o do abrazo do oso.
O novo proxecto de Lei estase a cocer nos fornos de Xénova. Hai moito en xogo e hai que fiar fino, non se pode confiar en quen é tan limitado, que nos fai o traballo sucio e vende o seu pais.
A mais de dar corda, de non afogalos con impostos, os beneficiarios, que elixiremos nun procedemento legal feito a súa medida, determinarán, eles mesmos o canon que están dispostos a pagar. Pero que nade se chame a engano, quen mando son eu. Si fai falla mirarei pra cámara con cara de carneiro topón, subindo unha cella, e direi que o fixen porque eso e o que lle convén o pais.
O PP culpou o anterior goberno de adxudíca-lo concurso eólico en altamar, e referencia a que Quintana subiu a un yate, que era dun cuñado, don primo dun que tiña unha participación na adxudicación dun parque eólico. A verdade é que Quintana non vale moito pra garda-las aparencias; e esta xente fai munición ata da manteiga.
Raro, eso amosa que están lentos de reflexos, que nin nas Portavocías Parlamentarias do PSOE, nin do BNG, se insinúe que os concursos eólicos se darán na praza do Obradoiro, lugar do abrazo do oso.
Con ser manifesta a relación das grandes empresas co goberno de Feijoo; temos que ter presente que os manexos fanse dende Xénova, e solo lle deixan a Feijoo liberdade nalgúns asuntillos menudos e domésticos. O mesmo Mariano, dende o seu lugar de vacacións, dixo, sen ningún disimulo, que lle ordenara a Feijoo a anulación do concurso eólico e que estaba contento co fixera.
O que non ve a botella medio chea é porque non quere; un señor moi entusiasta, pero moi entusiasta, e posiblemente tamén miope, publicou un artigo, no que define a Feijoo como tecnócrata. O artigo con cheiro a naftalina do réxime, trata de que vexamos o moito que fai este gobérnate tecnócrata, o que evita chamar político, palabra maldita no réxime franquista, malia a desfeita que lle deixaron, a crise e os grandes expresos europeos. Sería recomendable o artigo ese pros que precisen moita fibra.
Seguiremos en vindeiros días.
2 comentarios
Castrelos con cachelos -
son do miño -