SEDUCIDOS POLO LADO ESCURO
Dende Touriño a Gondomar vaise por un invisible vieiro, polo que transitan crédulos políticos, que pensan que contentando a medios económicos e de opinión; estes vanse a poñer da súa parte e vannos apoiar, permitíndolles gañar espacio electoral.
A Touriño, si non lle dixeron algo parecido, fixéronllo: os poderes fácticos non pagan a traidores, e déronllo a entender, por pasiva.
Cando foi da adxudicación do concurso eólico, quíxose congraciar coa Voz de Galicia, facendo seguídesmo das súas campañas mediáticas, e deixándose seducir, o mesmo tempo, por fortes grupos económicos que vían na adxudicación do eólico unha ameaza pros seus intereses, facendo unha espantada e deixando o BNG solo.
Esta seducción polo lado escuro da política deixou patente, fronte o electorado, unha desorganización no goberno galego, e unha falta e liderazgo, que o pagaron nas furnas ambos partidos.
Non hai cartos, non había orzamento habilitado, pero La Voz de Galicia e El Faro de Vigo, asignoulles a Consellería da Presidencia unha cuantiosa subvención, ¿por qué será?.
Touriño foi víctima das acusación de luxo, etc, dos famosos Audis, que resulta que os mercara Feijoo, e que agora malvende; tamén a montaxe da sala do Consello e a da Prensa. Puido e debeu adianta-las eleccións, segundo lle aconsellaron de Madrid, así houbérase evitado a longa precampaña e os desprestixios na prensa, pensou que contentaría a prensa dándolle a cabeza do BNG, parece que non o logrou; porque do que se trataba era do goberno.
Quintana foi desprestixiado con saña, tanto na vida pública como na privada; votado os pes dos leóns por xente da que se fiou. Usaron ós dependentes e agora esquecéronse deles; de súpeto volvéronse invisibles. A acaparación de cargos, coas conseguintes retribucións, no Parlamento e o apego ó coche oficial, vaino a deixar en mal lugar. Con el o BNG sufriu unha sangría de votos nas sucesivas eleccións; en todo caso, el non foi solo o único responsable, se está na mesa do Parlamento, e non é un parlamentario do montón, é por dous razóns: 1ª porque o apoiou o resto do grupo, 2º O seu sentido da responsabilidade non lle impide optar a cargos.
Nos concellos priman moito criterios personalistas, e algúns concelleiros non se da conta do que teñen entre mans, e o perigo de conqueri-lo poder collido por atallos e co abrazo do oso.
Todos dicen persegui-lo transfuguismo, pero están constantemente buscando a concelleiros que se presten a desetabilización, e sempre hai quen se deixa seducir polo lado escuro.
1 comentario
Sartalo -