Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TRADUCIR

TRADUCIR

                                                                                

          Neste goberno non hai moitas medidas ou accións de goberno congruentes, de feito eu non coñezo ningunha; nembargantes a  decisión do Conselleiro de Cultura de retira-las axudas a traducción  é unha medida congruente, casa perfectame coa política do conxunto do goberno con relación o galego. Dende a súa particular opción política non se pode incentiva-lo  espallamento da cultura nunha lingua que está morta; si non está morta xa se encargará o PP de matala.  (comigo que non conten).

          Volvendo ó tema, as traduccións ó galego de obras escritas noutras linguas, axudan a enriquece-la cultura galega, dándolle unha dimensión universal; o problema xurde cando o poder político colle un vieiro de belixerancia en contra do galego. A belixerancia é activa é manifesta. O golpe que lle deron a traducción foi tremendo; moitos proxectos non se poderán levar a cabo; alédame saber que editoriais como Galaxia e Xerais seguiran adiante. Malia a decisión de estas editoriais de seguir con proxectos de traducción xa en marcha, os efectos demoledores do goberno en contra da cultura galega, non se arranxan solo coa boa vontade e decisión arriscada das editoriais citadas. Certo que é unha maneira de resistencia, á menos transitoria, en tanto as cousas non volvan o seu; espero  que sexa pronto.

          A resistencia, sen dúbida, ten un límite, así que se   agoten os recursos propios haberá que encolle-los pes e limita-lo número de traduccións, cousa que esperamos ocorra no vindeiro exercicio.

          Nada sucede porque si; o galego, na idea do goberno, hai que ilo eliminando de certas areas, no canto de protexelo como reza no Estatuto de Autonomía. Si alguén é tan inxenuo que pense que a Panda vai protexe-lo idioma, é que non ve o que pasa ó seu redor.

          Polo de pronto, haberá moitas galiñoescolas nas que o galego, o mesmo que a bandeira de Galicia, non entrarán. Será un primeiro paso pra eliminar lectores futuros e facer que as traduccións sexan innecesarias.

          Sabemos que son capaces de alegar falta de orzamento, colaría, senón se dedicaran a saquealo pra transformar as Galescolas en galiñoescolas e outras ideas imperiais do réxime.

5 comentarios

serpe -

A Consellería probablemente teña sentido, pero un sentido distinto do que a calquera de nosoutros nos gustaría.
Non se trata tanto da promoción da cultura, menos ainda da cultura que nos é propia (algo que eles nin entenden nin queren facelo), senón que se trata dun chiringuito para manter á raia ao sector a través das subvencións e das axudas económicas.
Supoño que o que pretenden é unha estratexia similar á que se segue cos medios de información (maís ben, de des-información), que están atados e ben atados con mecanismos como a publicidade institucional, os contratos (publicación do DOG por exemplo), o reparto e subscripcións en organismos públicos (colexios por exemplo) e outros resortes que utilizan para domesticalos e telos baixo o seu control.
Asi que ao final a Consellería de Cultura desnaturalízase porque estase a utilizar como axente electoral soltando unhos cartiños para ter controlado ao persoal e adormecelo con axudiñas...

Sartalo -

Pero é que hai algo que eu non termino de comprender...
Se estes están a facer verdadeiros esforzos para se cargar a cultura e a lingua galegas...que sentido ten a pantomima dunha Consellería para estes menesteres. Paréceme totalmente innecesaria. Vamos, digo eu!!!

eu o autor, outravez -

Tranqui Tareixa, non quedsa sen choi; o único que pretenden, que non é pouco, e alienarnos e converti-lo pais nun pais de descerebrados, dende a tenra infancia, esaa será a función das galiñoescolas, xa teño dito, pensar ´malo.
Non reparara en que o Conselleiro ds Cultura era feo, inútil si é. Mira que tamén hai Conselleiras feas; algunhas incluso fan que o rodaballo sexa guapo; tampouco destacan noutra cousa, son persoas con encefalograma plano; o dito: un goberno bonsai.

recamán -

A min paréceme que neste país temos moitísimos chiringuitos, pero moitos, moitos...pero se un deles se leva a palma é a Consellería de Cultura. Que cousa máis inútil e ineficaz!!!
É incrible que exista todavía hoxe en día semellante trapallada que non vale nin fai nada de nada.
Polo menos no anterior goberno a conselleira paseaba os seus modelos de Purificación García nos actos oficiais, pero é que agora ata o conselleiro é feo (por riba de non valer para nada)..je,je!!!

Tareixa -

Non sei quen falara neste mesmo foro de que o que pretendía este des-goberno era prohibir, prohibir e prohibir todo o que nos fai diferentes (a lingua como elemento primordial, evidemente) ata case eliminar a autonomía...bueno case, porque de levala por diante quedaríanse sen choio do que chupar...