OS MORTOS VIVEN
Os mortos, para moitos son recordos vivos, memoria dun pasado que nunca esqueceremos.
Un comentarista deste blog suxeriu o tema; a min dáme medo falar de persoeiros que viviron, e nalgúns casos morreron por Galicia, polo menos dáme moito ríspeto.
Hai unha longa lista de persoeiros que viviron por e pra Galicia, incluso, algúns deron a vida; son os mártires que regaron a nosa terra co seu sangue, os que eu chamo: os bos e xenerosos. Pero os que non regaron co seu sangue o cha patrio e, nembargantes sufriron autoexilio pra salva-la vida, como no caso de Castelao, son, igualmente, merecentes da nosa veneración.
Moitos deles sabemos o nome, os de mais sona; pero tamén os anónimos, os que día a día fan medrar o amilladoiro do servicio ó pais, son merecentes do noso recoñecemento.
A todos nos queda a imaxe de Feijoo levando flores á tumba de Castelao, e irrítanos o seu fariseísmo. Certo que Castelao é patrimonio de tódolos galegos; pero ¿é Feijoo galego?, esa é a cuestión. Mellor estaría levándolle flores a Franco e a José Antonio, que ben seguro que son o seu modelo.
Dicía o outro día un dos fillos de Bóveda que Feijoo non se atrevería a levarlle flores a tumba de seu pai; eu non estaría tan seguro, Feijoo ten cara pra eso e pra moito mais. Establecía unha diferencia, o fillo de Bóveda, entre Castelao e seu pai; a seu pai asesinaronno os fascistas, dos que Feijoo se presume herdeiro, pola contra a Castelao non.
Pois ben, si a Castelao non o asasinaron foi porque puxo auga por medio, o mesmo que outros galegos, si o houberan collido a súa sorte estaba cantada. Non se pode poñer en dubida a talla intelectual de Castelao, nin o seu compromiso con Galicia, sen que eso supoña desmerecer a outros.
Se xa foi bochornosa a imaxe de Feijoo poñéndolle flores na tumba a Castelao; facer uso do seu pensamento, atribuíndolle cousas sacadas de contesto é ignominioso.
Quizá fora necesario recordar o que dixo Castelao, cando e cómo, pero sería poñerse a altura de Feijoo e darlle credibilidade as súas palabras, eu négome a rebaixarme a debater con semellante home, pero coido que é necesaria unha segunda parte sobre os devanceiros, nentramentras, a ver que din os comentaristas do blog, e esto deixámolo de limiar. .
Un día coma hoxe, atopábame tocado na fibra dos sentimentos e escribín esto, que con modestia, hoxe quero compartir con vos:
Amor á terra
En vales escondidos
Entre serras anudadas
Que gardan os segredos
De liberdades soñadas
Naceu o amor intenso
Xurdiu o bacío inmenso
Póla nazón maltratada
Pola terra asoballada
As bagoas derramadas
Os suspiros ceibados
As longas camiñadas
En camiños xa andados
Da terra de manto verde
A un ceo iluminado
Que a alma morde
Do que desta terra é ben nado
O tempo non borra
Os camiños xa trazados
Teñen que ser agora
Dos devanceiros herdados
Será o máximo alento
Dos que noutrora loitaron
Que con dor sufriron tanto
Que arreo traballaron
Por limpar esta nobre terra
De chupasangues infesta
Que funden as súas raíces
No sagrado chan amado
Son os mártires que chaman
Ás xeracións adormecidas
Pra que limpen o chan
Das malas herbas nacidas
Que non quede en baldeiro
Que marcaron o vieiro
Coa xenerosa entrega
Dos seus anos mozos
Nos que deron as súas vidas
Pra que sintamos a fachenda
Dunha raza que é digna
Que se nega a ser pisada.
2 comentarios
sempre en galiza -
Sartalo -