Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COLLE A SUBVENCION E CORRE

COLLE A SUBVENCION E CORRE

 

 

 

          Si se deron subvencións a medios de comunicación pra promociona-lo galego, eran subvencións cunha finalidade concreta; si esta non se cumpriu, incumpriuse a condición e teñen que devolvela

          Nos medios subvencionados, en poucos se cumpriu a condición  de promociona-lo galego e eses  medios tiñan que devolve-la subvención recibida. Quén lles vai esixi-la devolución.; dubido que o PP, como goberno, o faga; tampouco os afectados o  van facer por propia iniciativa; sería unha postura ética, pero ético houbera sido non acepta-la subvención coa condición que traía,  non colle-la subvención e votar a correr.

          Aínda hai mais, moitos deses medios, non solo non promocionaron o uso do galego, senón que levaron unha liña de aberto desprestixio do mesmo. Esta belixerancia rompe todo xesto de neutralidade, mesmo informativa.

           Non podemos esperar que o PP requira as devolucións, máxime cando nadamais gaña-las eleccións lles deu outra  subvención    sen condición; pode que  se sentira agradecido  por algo, e pagara os favores co noso diñeiro. Dende logo eu sería dos mais sorprendidos si PP esixira o cumprimento a obriga ou a devolución do diñeiro.

           A oposición pode pedir unha comisión parlamentaria de investigación, pode insta-la actuación do Tribunal de Contas, e pode, e debe, interpelar ó goberno sobre si hai algunha contrapartida nas subvencións que deu, e como xustifica esa actuación coa crise e a falla de orzamento que di ter.

            Coincidencia ou non, as promesas, os incumprimentos as excentricidades  do goberno Feijoo son silenciadas nos medios de comunicación. Hai que ver como se fan a vista gorda, como deixaron de  interesarlles noticias que son  como para avergoñar ata o mesmo Feijoo, e que conste que non é doado avergoñalo.

0 comentarios