Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A RAPOSA VAI GARDA-LOS PITOS

A RAPOSA VAI GARDA-LOS PITOS

          

 

 

                                      

 

          As galiñoescolas, no que se transformaron as galescolas, fíxose co argumento de que se ían a desideoloxizar a educación infantil. E difícil de tragar ese argumento cando se pretende facer das galiñoescolas un monumento á intolerancia e segrega-los alumnos por razón do idioma.

             De entrada, o logo, se non é intencionado, si que é desafortunado. Non van moi desencamiñados os que o ven como un hibrido da aguia de Franco e a gaivota do PP, ou como un polo presidiario O único certo  e que non se parece á galiña de Casares, nin na forma, nin no espírito.

           Imos falar, e moito, do persoal contratado nestes Centros. Non se poden permitir acosos ideolóxicos e ameazas. Son traballadores que merecen un ríspeto.

           As galiñoescolas non son un chiringuito ideolóxico da extrema dereita, nin de nostálxicos do réxime de Franco, que parece que son os que  determinan as liñas políticas da Xunta, son o meirande insulto a un pobo. Acaso,  ¿vennos como un galiñeiro?, ¿son eles son os raposos?,  ¿é esa a mensaxe subliminal?. Algo debe haber, porque nas portas e cercanias das galiñoescolas que están por abrir,  está colocado o logo ese do polo presidiario. Tentan mandar a mensaxe á xente de que se moven, de que fan algo; o certo é que teñen unha ataxia política e de xestión. Non hai que lle pedir peras o olmo: son uns incapaces, e estanmo demostrando día a día. Despois de case un ano non se pode seguir mirando pra atrás e escudándose no goberno anterior, votándolle as culpas a quen deixou o goberno fai tempo, porque eso demostraría, a mais dunha ineptitude, unha covardía, escondéndose detrás de fantasmas.

            Puxeron a desculpa, pra desface-lo asunto, que ían a quitarlle ideoloxía as escolas de nenos de 0 a 3 anos. Teñen pollóns; bueno,  si non os teñen,  polo menos teñen cara. Xa se viu a onde van.

            Ós nenos quérennos descerebrar.

             !Coidado! Gloria Lago anda solta.

4 comentarios

eu o autor -

A tansición deixounos estes personaxes e estas ideoloxías; como ningún criminal foi á presidio, crecéronse, incluso se atreven a denunciar a un xuiz como o caso de manos limpas; eiqui temos armando guerra a Galicia Monolingüe, que hai que darlles de comer aparte

farelo -

O conto de que ían despolitizar as aulas é unha comedia máis das moitas que nos venden estes intrépidos. Todas as mensaxes, incluso as suliminais (como a figura do polo presidiario, con referencias a Casares) poden e deben ser interpretadas nun contexto político, porque precisamente para iso están estes no goberno...para facer apoloxía dunha maneira de facer e de entender a política. Unha ideoloxía que eu persoalmente cría superada (de outros tempos de infausto recordo), pero non!!!...ainda temos entre nos persoeiros valedores dun réxime totalitario da "España una, grande y libre".
Pois iso, como dicía o clásico "longa noite de pedra..."

Leborán -

O certo é que este des-goberno non deixa de sorprendernos. Sabíamos das gañas que tiñan de cargarse a rede de avances sociais que ergueu o bipartito na anterior lexislatura e non estabamos moi desemcamiñados. O primeiro, ir polos pequenos, o próximo, ir polos maiores e dependentes. Que temble o Consorcio!!!

pitaazul -

Falando das galiñaescolas lee esta anecdota de cando entrou Feijoo na Xunta: http://penadopico.blogcindario.com/