MOJITOS, VIAXES E IMPOSTOS
¿Cánto nos costa ós galegos esas xiras dos emisarios de Feijoo por Sudamérica? e en cánto nos vai a saír a viaxe que el mesmo pensa facer, logo de que os emisarios lle preparen o terreo. ¿ vai sacar Galicia algún beneficio destas viaxes?, ou ¿os beneficios van a ser pro partido e os gastos pra nos?
Os emisarios non reparan en gastos, son frecuentes as comilonadas nos mellores restaurantes, en estancias e os agasallos en Sociedades Culturais. Todo eso sácannolo do noso peto, logo virannos co conto de que baixan os impostos; eu sígome declarando obxector fiscal; non quero que baixen os ingresos, quero unha austeridade real, que limiten os gastos, non que limiten os servicios sociais, que limiten os gastos de representación ó estrictamente protocolario, que eliminen os gastos suntuarios, que poden os gastos correntes, en especial as transferencias a entidades privadas.
Ánxela Bugallo, detrás virá quen bo me fará. Os teus mojitos da Habana foron unha calderilla. O asunto dos mojitos foi moi ben explotado electoralmente, presentárono como se fora un gran convite, un banquete de luxo, a verdade e que o cambio foi como si celebrara a recepción cuns ribeiros, que seria mais exótico e mais caro, moi enxebre; imaxínome que unhas tazas de viño tiñan que ser algo moi orixinal; nin falar do que os do PP dicen que custou a recepción.: o gasto foi en pesos cubanos, pero o PP deu a mesma cifra en euros, ( un deslizo).
Non fun, o que ese di un partidario de Ana Bugallo, tampouco un detractor; pra min, non era cuestión de pedigree, senón de ovarios, deveu darlle un xiro a cidade da cultura, non debera continuar con ese monstro comecartos, que empezou presupostado en 50 millóns de euros e xa vai en CINCOCENTOS; un despilfarro pra un pais con moitas necesidades e poucos medios, se ben hai que admitir que a cuestión, dada a transcendencia, tiña que ser cousa do Consello.
Xa vemos agora como espanforrean os enviados do emperador. O mellor aínda está por chegar, cando o emperador, en persoa, viaxe ás Américas.-
Xa non somos menores de idade, nin estúpidos, que non entendemos de política fiscal e nos engaiole cunha baixada de impostos pra subilos por outro lado.
Resístese a devolve-los 1.600 millóns de euros que o Estado lle anticipou de mais, a conta da recadación; claro se vai baixa-los impostos e o mesmo tempo favorecer a negocios privados con fondos públicos, ese diñeiro viríalle de perlas. O Estado paga a conta e el invita.
Quere subscribir débeda pública ata o máximo permitido, e baixa-los impostos no tramo autonómico. !que cara ten! !que estúpidos nos fai!.
O que nos faltaba, tamén Zapatero vai subi-los impostos indirectos, os que imos pagar todos, independentemente do que ganemos. Non se atreve cos impostos directos.
!Que xente!
4 comentarios
pitaazul -
neboa -
Nembargantes temos que aceptar que a práctica da anterior Conselleira de Cultura naquela viaxe a Cuba non foi moi exemplarizante.
Claro está que estes pouco tempo lles levou superarse a pesares de que prometeran desmantelar a rede clientelar que sempre tiveron os gobernos galegos na diáspora, especialmente en sudamérica (Arxentina, Uruguay, Brasil...etc)
Outras das promesas do Sr.Feijoo que se quedarán en iso...unha promesa e punto
Saúdos
Eukesei -
Por suposto esto non quere dicir que os que nos gobernan teñan moita idea de economía, pero venden moi ben a moto e todos caladiños como ratos a pagar relixiosamente. Pola contra, de programar un gasto eficiente e aplicar austeridade nada de nada...
Asi nos vai!!!
piuxiño -
Levaba uns días sen revisar o blog pero xa vexo que o autor non perde a súa ironía.
Noraboa polo artigo