Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DEPENDENCIA E PARO

DEPENDENCIA E PARO

 

 

 

 

          A cantidade de ERES que leva aprobados a Conselleira do paro amosan que a Conselleira non lle trema a man a hora de asinalos. Nas formas e nos modos recórdanos a fel seguidora do franquismo; nembargantes seríamos uns demagogos, como o foron eles en campaña electoral, si dixéramos que tiñamos a receita pra rematar co paro. Todos recordamos que na campaña electoral Feijoo votáballe a culpa do paro ó mal goberno do bipartito, facendo a promesa solemne de que si el chegaba a gobernar eso arranxaríase de contado. Pois ben, leva cinco meses gobernando e o paro medrou. Pro que perdeu o traballo, deixa de ser un número, e é unha traxedia persoal; por eso non se pode facer tanta demagoxia cun problema tan serio. Unha cousa é predicar, e outra dar trigo.

          Prometeu que en 120 días, si cento vinte días, ía a paga-las axuda os dependentes; pois ben, levamos 180 días e esto non se move.

          Se a Conselleira é unha inepta, que a cese; se non será un dos moitos incumprimentos que o converten en charlatán de feira. Feijoo precísaa pra que se queime ela, e el estar a salvo.

           Centros de día, escolas infantís e a residencias de maiores, rematadas e sen entrar en funcionamento, obedecen a un plan ideolóxico de Feijoo, que quere elimina-los servicios públicos, e dende logo a competencia, e dar subvencións a centros privados;  dese xeito paga os apoios que recibiu.

            Pregúntome, que vai pasar cos parados que xa non teñen protección, as familias que teñen tódolos seus membros en paro, os que teñen idade de traballar  e non atopan emprego.

            Traballo e Servicios Sociais non poden ser os esquecidos.

5 comentarios

laura -

Comparto moitas das cousas que se comentan, especialmente as que remarcan a diferenza entre aprobar unha Lei e desenvolvela axeitadamente. Non quero dicir que o consenso sexa algo doado de lograr, en absoluto, pero é certo que o papel está escrito e logo vén o resto, porque do papel á realidade hai como do dito ao feito, un treito. Eu creo que o gran problema da Lei de Dependencia, efectivamente, foi a expectación que se espertou, en parte por necesidade de moita xente, en parte por interese político dalgúns. Moitos creron que ao día seguinte, é un dicir, íanse resolver os problemas case dun plumazo, que todos terían á súa disposición todos os recursos necesarios, e era obvio que iso era imposible.

recamán -

Eu penso que, efectivamente, levantáronse enormes expectativas sobre o alcance e significado desta Lei, e os que a fixeron, a puxeron en marcha, non eran de todo conscientes do que se necesitaba para non as defraudar. E ademais, na miña opinión, houbo quizais a mala sorte de que a posta en marcha deste instrumento fíxose nun momento especialmente complicado, nun contexto de crise económica brutal; a Lei de Promoción da Autonomía Persoal, ou como lla coñece máis sinxelamente, Lei de Dependencia, tería sido moito máis aplicable noutro momento: se se tivese posto en marcha hai dez anos agora non estariamos a falar do que estamos a falar.

Sartalo -

Xa o manifestara antes noutro artigo similar sobre este tema, pero non me cando de denuncialo.
A utilización que o PP fai coas axudas á dependencia como arma política é noxenta...caen moi baixo, eh!!
Cando estaban na oposición (de onde non tiñan que ter saído) presionaban coa implantación destas políticas cando se sabía que o goberno central non habilitara os medios necesarios para levalas a cabo. Logo na campaña non dubidaron en airear que cando chegaran ao poder ían resolver esta problemática en 100 DÍAS!!!, e agora que non cumpren o prometido non lles treme o pulso facendo coma que miran para outro lado e denunciando ao anterior goberno por falta de fondos...Incrible!!!
Que caraduras...e mentres a xentiña tirada e abandonada!!!

piuxiño -

Non home non!!!, é que non entendestes o "concepto"....
Eles estaban "pendentes" dos dependentes para rabuñar votos nas eleccións, e unha vez que colleron o poder deixáron os dependentes "pendentes" da dependencia...
Vedes como é sinxelo se volo explican ben??? Ja,ja..
Ríome, pero de gracioso non ten nada, abofe que non!!!

Xián -

Leva varios meses no goberno e non paran de crear liortas, que si a educación (non ós libros de balde), que si a sanidade (eliminar quendas de tarde) que si a lingua e agora as persoas dependentes, que si non eran tantas...todo en aras da tan cacareada austeridade do Sr. Feijoo. Ó final os máis perxudicados? as clases máis baixas, os servizos sociais, a atención ó cidadán. É o que che teñen as políticas de dereitas...pero bueno os galegos seguiremos votando ós señoritos, porque eles saben o que hai que facer!!!