VIVEIRO DE TERRORISTAS
As organizacións de extremadereita medran como setas, protexidas por certos sectores do poder; e teñen o desparpaxo de quen se sente protexido. É preocupante, que dende o goberno central non se tomen medidas con organizacións que teñen un forte compoñente de intolerancia social, que a súa función e crear crispación e ser pebideiro de futuros terroristas. Comprendo que pro goberno a principal preocupación sexa ETA, porque é unha lacra que levamos soportado moito tempo, demasiado tempo. Pero hai unha serie de organizacións, moi activas e moi coñecidas, que se están rearmando ideoloxicamente, e que, de non poñerlles remedio agora, van a dar moitos problemas. Teñen que ser persoas da rúa as que dean a voz de alarma, coma a nai de Palomino, que no xuizo pola morte do seu fillo, pediu que os grupos ultradereitistas sexan ilegalizados e que loitará para que sexan tipificados no Código Penal os delitos de terrorismo fascista. Pese o tempo transcorrido, non nos podemos esquecer da matanza de Atocha no ano 1977, ó que hai que sumar o asasinato posterior de estudiantes, por grupos da extrema dereita. Unha vez mais hai que loubar o sacrificio e responsabilidade de quenes, dende a dor, non responderon ás provocacións. Son responsables, por cómplices e colaboradores, os poderes públicos que amparan e promoven as súas actividades. As axudas millonarias da Xunta e da Deputación de Pontevedra a Galicia Monolingüe, que ademais de ser reprobables moralmente, son merecentes de investigación criminal. Gardan unha curiosa similitude coas que o PNV daba ós familiares de presos de ETA. Son coincidencias nos extremos. A convivencia social é como unha cacharro que se rompe, e que despois, é imposible de recompoñer; esa é unha das razóns pola que considere a Feijoo como o personaxe mais sinistro da política galega, dende que a humanidade vive en comunidade. Non todo van a ser malas noticias; as xornadas de Galicia Monolingüe en Pontevedra son un fracaso de asistencia, eso non obsta pra que manteñamos moi viva, mais que nunca, a loita pola convivencia democrática e se lle esixa a dimisión a Feijoo e o Presidente da Deputación de Pontevedra por promocionar a grupos extremistas. Son responsables politicamente.
4 comentarios
eu o autorm -
pitaazul -
Ricardinho -
Non sei se será unha imputación moi afortunada do autor
De calquera xeito alédome das noticias que falan do escaso éxito que estan acadando as súas xornadas en Pontevedra.
Por certo, que vergoña que a Deputación se preste a estas pantomimas, pero con quen teñen de presidente, xa non nos extraña a ninguén.
Ese señor é un mafioso, e senón que pregunten por Ribadumia, de onde é natural.
Ferro -
Non hai nada máis extremista e RADICAL do que un Estado veciño ocupar e colonizar culturalmente o outro durante séculos. Isto está a facer a España á GALIZA