COMENZO NO HORREO
Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.
Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.
A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.
As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón, que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.
¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?
Nade sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre tema.
As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.
As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como esa, xa veredes.
0 comentarios