GALIÑA AZUL OU GALIÑA FALANXISTA
A gañadora por elección vosa, aínda que por moi pouco. Por suxerencia dun lector do blog, escribirei unha segunda parten.
Nos comentarios do sábado hai unha colaboraión moi boa; recomendo a súa lectura,
Un dos misterios xa se solucionou. As Galescolas xa son recordo dun pasado, no que, non se ensinaba, aleccionábanse ideoloxicamente ós nenos, entraban cantado a internacional e o mestre era o camarada X; agora entran en fila, vestidos de corto, separados por sexos, pra que non pequen, co xugo e as frechas bordadas na camisa, brazo en alto, paso marcial, e cantando o cara el sol; dentro a mestra de pe, sen maquillaxe, peiteada con un moño; o seu carón o crego, cunha gran barriga, cuberto cunha tella e dándolles a man a bicar ós infantes. A sorpresa: dentro da aula hai unha enorme galiña azul. Dixen pra min: “unha galiña falanxista”, !pensaron en todo!.
Aínda que é un puido ser, todo é posible na illa de Barataria, mais con estes personaxes. Do anterior borrouse ata o nome, e agora non se sabe onde está o ensino das crianzas, ou se todo se reduce a un elecionamento ideolóxico que todo réxime impón. Porque o esencial é que non estamos nunha alternancia democrática, senón nun cambio de réxime.
Non sabemos o que cobran os herdeiros de Casares polo uso da ocorrencia. O goberno veulle como caída do ceo o da galiña azul; estou seguro que a interpretación da galiña azul era distinta pra Casares. Ocúltanse outros custes co meirande celo de secreto de estado, solo se sabe que o custe da carteleira sube dos 22.000 euros. ! cantos cartos teñen!.
Austeridade e bo goberno, era un lema pra gañar votos, mentres tanto a esperar si o pagan do seu patrimonio, ou van a cadea por despilfarro.
O que mais doe é que se usen os nenos con fins políticos, que impoñan tanta carga ideolóxica no ensino, que se tire co diñeiro, que se faga, en definitiva, o contrario do que se di.
Preocúpanme os centos de traballadores das que agora chaman escolas infantís, das que o bipartito creou 86 centros en catro anos, mentres que o PP creou 25 e 16 anos de goberno. O seu non son as escolas, porque non pensan volver a ser nenos, tampouco quitar negocio ós centros privados, e os pais que queiran mandar os fillos a estes centros que o paguen do seu peto.
Dento dese clima de austeridade que nos vendeu Feijoo, cámbianse os logos a todo, e non é precisamente pra aforrar: cambia-la casiña coa bandeira de Galicia no tellado, pra sustitui-la pola galiña azul, que tamén ten entre as plumas unha bandeira de Galicia, non pode ser alegado que se fai polo motivo de aforro; o que ocorre é que lle ofende a bandeira de Galicia na casiña, nos mandilóns e ata a de San Caetano. Oféndelles a lingua galega, o ser galegos; eiquí si que se vei a man que acanea o berce, que non é outra que as FAES.
Intentar elimina-la lingua e os símbolos dun pobo, polo seu propio goberno é algo que nunca se veu, unha conducta criminal, que urxe unha petición de amparo xudicial O tribunal de Dereitos Humanos, polo xenocidio a que están sometendo o noso pobo e da nosa cultura.
Hai que pensar que estamos en Barataria, esto non é Galicia, ningún símbolo que recorde ese pais de néboas pode quedar en pe. Ese é o xeito de gobernar desta dereita cavernícola.
Eu cando me referín á galiña azul, como unha posible galiña falanxista, de ningún xeito asimilei a galiña de Casares cunha galiña falanxista; pero os ideólogos do réxime viron un logo axeitado pros seus fins, lanzando un mensaxe subliminal, que nos leva ós tempos do imperio e o glorioso azul; solo hai un problema: hai que facer desaparece-la bandeira de Galicia da galiña; espero que non se lles ocorra poñerlle cartucheiras e un fusil pra tapa-lo da bandeira.
A gallinacea ocurrencia das galescolas é mais que unha ocurrencia; é un insulto á especie. Ben puideran elixir como logo a galiña de Mos, pero non é azul.
18 comentarios
Alterego -
Castrelos con cachelos -
De aquí en diante pasaremos a chamarlles Galiñascolas ou como a min que gusta dicir Galoescolas.
Por certo, un tema que a min me gustaría debater é a asunción partidaria destes tíos da memoria e o legado de galeguistas ilustres ben afastados da súa doctrina, e que eles non teñen ningún problema en utilizar no seu beneficio. MENUDO PAPO!!!
Algún debe estar a revolverse no seu cadaleito...
madialeva -
piuxiño -
eu o autor, outravez -
sofia -
Jacinto Chinto -
Non sabía que ensinar- e falar galego era politizar.
Adoctrinase politicamente a un rapaz de 0,1,2 ou tres anos por ensinarlle en galego?.
Máis pronto que tarde trocarán a galiña pola águia e a gaivota.
montserrat -
este goberno estase a lucir de carallo.
1º Suprime aulas de educaión infantil e primaria (non hai cartos)
2ºdanlle cartos aos colexios que discriminan por sexos(e iso que non hai cartos)
3ºcambian o logo das galescolas porque considerano imprescinible (e iso que non hai cartos)
4ºNon dan posto a data das oposicións da oferta complementaria que só falta por poñer DENDE FEBREIRO cando o contrato de educadoras e mestres das galescolas de esa oferta complementaria , acábase xa , ¿quen poñerán no seu lugar????????persoas a dedo??????as mesmas persoas que estaban a traballar alí???que pasa coa xente que se inscribiu nesa oferta complemnteria ???????E os cartos??? devolveranos?????
Austeridade, para o que queren para o privado todo, sabendo que alí explotan a xente
sempre en galiza -
De seguro que se en vez de galescolas fosen INGLEscolas ou Españolescuelas non se molestaban en despilfarrar cartos dos galegos en cambiar os carteis.
Estamos ante un goberno de demagogos que unicamente esta a perseguir a lingua e identidade galega e destruir o feito polo bipartito (fose bo ou malo). O unico feito por eles foi darlle cartos os colexios concertados do Opus que segregan por sexos.
O problema que ten o PP é que foi o BNG quen decidiu, logo de 16 anos de goberno do PP, por en funcionamento unha red de galescolas por toda a xeografia galega e de ahi que lles molestase tanto a bandeira galega, pq identificaba a galescola co nacionalismo galego. Non puxeron a española pq xa seria demasiado, pero poñen unha galiña coas cores do PP, o mais español e ppero que puideron atopar.
E mentres se atican a estas parvadas o sector do leite, metal vai camiño de deixar na rua e absoluta pobreza a miles de familias. Co que iso vai supor para importantes zonas da xeografia galega que viven deses sectores. Pero iso elles igual. Eles a gastar en enquisas, cambio de carteis , Cidades da Incultura ou Xacobeos.
E por suposto os galegos que saian do ensino sen falar o galego, sen sentirse galegos, e con moito autoodio e sumision. Que iso é o que lle gusta a Madrid, e moi especialmente as grandes multinacionais que veñen aqui a saquear mentres levan fora os beneficios. Un pobo sumiso que non defenda o seu e o mellor para favorecer o colonialismo.
serpe -
Val Miñor -
eu o autor -
Barcala -
E xa que logo trataremos aos pequenos como poliños e os empregados en vez de poñer un comedor que lles den penso ou que os boten para o chan e lles cisquen unhos graus de millo!!!
E que mira que inventan algúns, eh??
O que hai que ver...
Ventureiro -
Sartalo -
Supoño que puxeron unha galiña porque unha gaivota azul xa sería moi cantoso...ja,ja!!!
Agora que lles ensinen aos pequenos que o demo é roxo e xa van ven aprendidos...si, señor!!! jajaja
Eukesei -
Quen verdaderamente politizou todo foron os medios de comunicación é o pp, entrando nun xogo sucio de desprestixio.
Agora si, moita austeridade, pero cambiar todos os rotulos e toda a historia, é unha pasta do copón pero bueno...
Pepe -
Belixerante -
O nome é de chiste, propio dun conto para nenos, pero maldita a gracia que fai...
Unha casa cunha bandeira galega é un simbolo politizado!. Manda carallo na Habana!
"Rede galega de escolas infantís" Vs "Rede de escolas infantís de Galicia" Sí señor!: "Cuán grande diferencia".
Ei! un momento! ... xa vou entendendo ... seguramente será porque saben que... NON É O MESMO SER GALEGO, QUE vivir, estar ou ser DE GALICIA. Moi sutil todo, moi sutil. Dominan os elementos comunicativos. Non dan puntada sen fío!!!