O ARTE DA CHANTAXE
Seguirein a suxerencia que ffixo Piusillo no Libro de Viisitas e os domingos tratarein de facer un guión do que publicarein na semana.
Lin unha entrevista que lle fixeron a Gloria Lago, a de Galicia Monolingüe, profesora de inglés, ó remate das xornadas que lle organizou en Pontevedra o Presidente da Deputación, quedádevos con ese dato. A entrevista ía mais aló do desenrolo das xornadas, tanto o entrevistador como Gloria Lago poucos cartuchos se gardaron.
Confeso que me resulta repugnante falar de Gloria Lago, considérome tolerante cos que non pensan coma eu, pero a miñas dificultades xorden cando se trata de baixar o infrainferno da inquisición e tratar de falar de seres irracionais.
Directamente e sen disimulo, ameazou a Feijoo se non seguía as súas suxerencias, con esta frase textual: “ se Feijoo non cumpre o que prometeu podémoslle dar moitas sorpresas”. Faille chantaxe e ameaza ó Presidente do Goberno Galego., “chantaxe e ameaza a funcionario público no exercicio da súa función” intento de subverter a orde democrática. Preguntaríalles ós profesionais do dereito si eso no está tipificado no Código Penal. Si coñecera a algún político ou parlamentario, tamén lle preguntaría sobre o asunto e lle pediría que actuaran.
Chantaxear é unha arte, non é preciso que o chantaxeado se lle diga qué é o que vai facer o chantaxista, porque o chantaxeado xa o sabe ou o intúe.
Nas xornadas non había ningún filólogo, Galicia era representada pola mesma Gloria Lago e un señor encastrado na Consellería de Educación, Físico e vicepresidente de Galicia Monolingüe. Sobran os comentarios.
Gloria Lago acusou á Universidade de Vigo de enviar ós colexios unha “nota” sobre o galego, contrarias ás teses de Galicia Monolingüe, utilizando para elo fondos públicos: Pois ben a Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo actuou dentro da súa competencia, Polo tanto, non hai uso indebido de fondos públicos; Galicia Monolingüe si os usou.
Ela é bilingüe; domina o inglés e o castelán, Non está o alcance de todos ser bilingüe; segundo o seu razoamento, os nenos galegos non son capaces; ¿acaso os considera retrasados mentais?
1 comentario
piuxiño -