ESTRUCTURAS SANITARIAS
O goberno bipartito deixara deseñado un plan de infraestructuras sanitarias pra desenrolalas nesta lexislatura; pois ben, como todo o feito polo goberno anterior, os estudio se os proxectos foron cartos e tempo perdidos.
O novo edificio a construír no lugar que ocupa o Casares Quiro, case pegado ó clínico, albergaríaa s consultas esternans, doenzas en especiais e hospital de día.
Esto é moi importante, ollo o dato, non subiría o seu costo por riba dos 30 millóns de euros. Os financiamentos de partidos con cargo a inversións en obras, cobrando unha coima, non pode admitirse nun pais decente.
O cuarto hospital en Vigo, cun estudio xa avanzado, tamén foi paralizado. O estudio custou cartos, pero tamén Feijoo os tirou polo retrete. Parece que vai expropia-los terreos e paga-lo acordado polo bipartito cos propietarios. Non se resistiu a deixar unha perla: o bipartito non soubo actuar, os terreos deberan ser gratis. De quén falaría; quén seria o estúpido. !Esta xente do Opus que lista é!. Seguro que lles cambiaría os terreos por unha fanega de sembradura no ceo.
Vigo ten nunha necesidade urxente de servicios sanitarios; mentres tanto Corina e a Xunta están a afoga-la cidade pra que de podrida lles caia nas súas garras e condenándoos a un terceiro mundismo.
En Pontevedra xúntanse á desunión entre os dous partidos gobernantes. A Tenente de Alcalde do PSOE que non perde oportunidade pra contradicir e acosar ó Alcalde do BNG, Telmo do PP que ve todo con ollos de especulación inmobiliaria. Total, non se dan posto de cordo pro emprazamento do hospital a construír. A Xunta feliz, xa que o seu é non facer nada.
En Ourense o maior problema é a falta de equipo directivo; están chocando os poderes provincias, que defende Baltar e o ordeno e mando de Feijoo.
O de Lugo non se sabe cando entrará en funcionamento; a vella residencia de Domingo Tallo xa deu bastante de si. O mellor, mira por onde, o Alcalde sabe como anda o conto; tamén pode ser que non se entere de nada; o mais seguro é que quén sabe.
Os coruñeses seguen co seu porto exterior; os especuladores teñen as garras listas pra votarllas a inmobiliaria, que medrará ó redor, alleos ós problemas de financiación. Os cartos empréganse na cidade da incultura en Santiago. Aí é onde se ve unha inversión productiva.
Pilar Barjas acusou a un responsable do bipartito de esconde-las listas de solicitude de asistencia médica no queixón, ¿cándo lles enxeñaran en que as acusación falsas teñen consecuencias penais?; mentres temos que escoitar falsidades, ver como poñen en marcha o ventilador pra enche-lo pais de merda, co fin de esconde-la incompetencia e o desgoberno. ¿seique medran as listas, medra o caos , a desorganización?
4 comentarios
Leborán -
Vergonza é o que deberían sentir os seus votantes. Que veñan alumnos de fóra a facer prácticas a hospitais galegos! Os alumnos e titulados galegos temos que saír fóra para traballar. Iso é o que lle chaman governar para os cidadáns? Vergonza lles debería dar. E en educación vai pasar o mesmo, terán que saír fóra os titulados para traballar. Estes políticos teñen que cumprir favores cos seus amigos do opus, ¿de onde veñen senón os cartos para campañas políticas, mítines e demais? Pois iso, a cumprir favores coa ultradereita e coa igrexa.
Logo disto non me extrañaria que se fixera unha enquisa,- entre os catolicos,- pra ver de poñer de novo o crucifixo nos quirofanos, e o lado do ciruxano un cura, pra confesion, non sexa que se poida perder unha alma...en fin vamos de cu.
Sartalo -
sempre en galiza -
Falar galego é pecado, dixo practicamente a encargada de promover a sanidade privada con cartos públicos. Non quereredes ir ao inferno, verdade??
piuxiño -