OS CHIRINGUITOS
Non son chiringuitos de praia, son unha dispersión incontrolada de Unidades Administrativas e de servicios diversos que crearon os arquitectos administrativos de Fraga. Tódolos los gobernos criticaron a súa existencia, pero nunca se pechou ningún. O goberno bipartito estaba lexitimado pra eliminalos e debeu facelo, pero no seu lugar seguiu coa política de engorde.
A xente que desempeña postos de traballo nos chiringuitos ocupou o posto por dedo, e son tan fixos como os funcionarios que se pelexan cunha multitude por unha praza e se deixan as pestanas estudiando temas.
Agora que Rueda quere facer unha limpeza, a min éntrame o medo; todos sabemos que suou a camiseta pra coller unha praza de funcionario de Administración Local, que sabe dos principios de mérito e capacidade pra acceder á Función Pública, que é moi respectuoso coas normas de incompatibilidade, etc; pero mira tí por onde, eso é o que mais me preocupa.
En contra do que a xente pensa, os chinguitos non se localizan en Santiago, hainos noutras cidades, vilas, en Madrid e mesmo no estranxeiro.
Rueda tentará pechar os que lle molesten, pero engordará os que lle conveña; venderanos a moto, como o aforro dos catro millóns de euros coa reforma que fixeron na administración, e nos a tragar, poñeremos cara de xilipollas e a créelo.
Insultan á intelixencia, ¿Qué concepto terán de nos?, ¿´é posible que nos vexa así de estúpidos?.
2 comentarios
eu o autor -
pitaazul -