Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FUTBOL

FUTBOL

             

            Non son un seareiro deses  que precisan o fútbol pra vivir, pero recoñezo que é un fenómeno social, que alimenta paixóns e arrastra multitudes en todo o mundo; pero o goberno Feijoo, por boca do Director de Deportes, anúncianos que non haberá o tradicional partido de Fútbol que a Selección Galega xoga polo Nadal; o mais ofensivo foi como se mofou da selección e dos seareiros.

           Non deixa de asombrarnos a baixeza moral deste goberno; xa non se conforman con sacar calquera sino de identidade; non lles importa, nin o seu carácter, nin a aceptación popular; aínda teñen que ridiculiza-la Selección e os seareiros.

            Consciente de que metera mais que a pata, deu un xiro, e tratou de xustifica-lo asunto, alegando a austeridade da que fan gala sempre que lles interesa.

            Non son austeros e sóbranlles os cartos pra subvencionar organizacións de extrema dereita.

            O Sr. Domínguez, tenente de alcalde do Concello de Vigo, colleu a luva e dixo que o Concello de Vigo ofrecíase a organiza-lo evento e correr cos costos.

            Ó Concello de Vigo vanlle a saír mais competidores, xa que é un negocio rentable, pois, non  solo dinamiza os negocios da cidade onde se organiza, senón que os patrocinadores cobren os gastos do evento.Así que o problema non é económico, senón político.

            Eu, ademais de organiza-lo partido, no saque de honra soltaría un pito como o das galiñoescolas, mesmo tería unha mascota, ou disfrazaría os recollepelotas; por suposto se o Presidente da Xunta, ou calquera do seu Circo, quixera asistir ó partido, terían que paga-la entrada. Sería unha oportunidade de ouro pra reivindica-lo municipalismo, invitaría os Alcaldes, menos os transfugas.

             Co gallo do partido de fútbol que a Selección Española xogou en Riazor, uns energúmenos escúpironlle a un seareiro porque levaba a camiseta da Selección Española, son  esa xente a que lle da tan mala imaxe ó nacionalismo.

7 comentarios

Val Miñor -

De seguro que a selección galega non merece ningún tipo de axuda por parte destes que nos desgobernan...pero a deputación de Pontevedra non ten problema en sufragar espectáculos tan "galegos" como son as corridas de touros nas festas da Peregrina.
Típico de Louzán!!!

eu o autor -

Non pnsei que o fútbol dera tanto de si; pero tedes razón, move conciencias, crea pais, cecais de ai nace a xenrreira de Feijoo á selección. Aquilino Iglesias Vilariño, haino que valorar, non solo polo que significa na cultura galegs, senón polo valor que tivo de publicar en galego no 1947, con una par.......

Ventureiro -

Hai que dicir que a prohibición expresa era a de Fraga cando era el o que decidía que non existisen seleccións galegas, polo menos de fútbol, o deporte rei, porque sabía o nivel de autoidentificación que xenera o deporte.
Estea eu de acordo ou non coa simboloxía identitaria no deporte, as seleccións nacionais forman parte do "kit Ikea de construción nacional", que di a socióloga Anne Marie Thiesse, e as Olimpiadas non veñen ser máis que o seu punto álxido. Feixoo sábeo e nega en Galiza o que promoven os seus en Murcia, La Rioja ou Castela. A razón? Simple, el ben sabe que o noso país non é homologábel a esas rexións precisamente polo seu carácter nacional.
A todo isto, o señor Director Xeral de deportes segue sen demitir logo de asignar subvencións millonarias a federacións que nin sequera presentaron facturas. Perderon en galiza e el marchou a Madrid, alí xuntouse coa xente da trama Gürtell. Eses son os trapos que ocultan con estes debates superados o señor Feijóo e os seus.

Sartalo -

Pero a ver ho!!!, Non sexades extremistas.
O que ten que facer feijoo é redeseñar a camiseta da nosa selección e que en vez da bandeira galega sexa de color azul a raias, e en vez do escudo coas sete cruces do reino de Galicia que poñan un pito/polo cun lapis baixo da ala...e xa está.
E que mira que sodes malos de contentar, eh!!!
Ja,ja.ja....

A troita -


A supresión da selección galega está na liña doutras supresións. É coma quen di "no vaya a ser que estos galleguiños se crean lo que no son, les medre el orgullo...y nos llevemos un susto". Así que mellor se imos sacando todo o que poida significar identificación con Galicia. Pero equivócanse: non é fácil borrar os sinais de identidade dun pobo(e non digo que o sexa a selección).

Poño un exemplo: durante a Guerra Civil e anos posteriores a situación para a lingua galega non foi nada fácil. Pois ben, en 1947, Aquilino Iglesia Alvariño xa estaba publicando "Cómaros verdes". É dicir, aínda non pasaran 10 anos do final da Guerra e xa se estaba publicando en galego en Galicia. Como digo, non é fácil tapar unha lingua, unha cultura. Poderán ir dando pasos nese camiño, pero a aniquilación total non vai ser fácil, por sorte. Saúdos a todos.

piuxiño -

A min tampouco me gusta moito o futbol, por iso non votarei de menos o partido da selección, pero si que me parece unha magoa que non se celebre porque significaba un acto, dos poucos que nos permiten, de reafirmación da nosa identidade como pobo.
Ainda que pareza moi esaxerado, asi o vexo!!!
E claro, Feijoo non vai consentir iso por nada do mundo.
Nembargantes para a selección española seguro que non se puxeron ningún tipo de atrancos na Coruña.
De pena, vamos...

Leborán -

A ver se polo menos se interesan por invertir no deporte base galego...ou tamén será unha das vítimas da tan temida e manida austeridade deste des-goberno