Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

      

            Por ssuposto, falan na lingua do imperio, e Gloria Lago, a vosa dereita, está ecuipada pra unha guerra química pra aniquila-lo galego

 

           O asunto dos Audis non é unha cuestión baladí, Despois de ser unha das armas, unha das bombas sucias, utilizadas polo PP en campaña, coa demagoxia típica do PP, que facía crer ós electores que o bipartito paseábase por Galicia en coches de luxo, marca Audi, deixando de lado os coches citroën; agora vainos regalar; vai regala-los coches que eles mesmos mercaron, namentres Sogama vai pagar unha fortuna por alugar coches similares ós que Feijoo vai regalar. !que cara!

         O dos Audis xa aburre, pero foi tal a insistencia no tema, polo PP, que fai difícil que esquezamos o asunto.  Eu quixera que o tema se tratara mais, que se relacionara coa austeridade que prometeron en campaña. O dos Audis, os que quere regalar. Touriño, o pusilámine Touriño, non lles respondeu en campaña e aclarou o tema, deixando que a mentira adquirira visos de certeza. O certo é que se atoparan fronte a dúas peras en doce; pois tanto Touriño como Quintana  puxéronlles as cousas fáciles.

             Tanto que pregoou a austeridade, que houbo quen o mellor llo creu; eso foron promesas electorais, que logo se esqueceu delas nadamais chegar ó poder. Na Administración Periférica é onde mais se nota o despilfarro   deste goberno, incrementouse o gasto, non solo polas creacións dese enxendro de Superdelegacións, senón polo incremento de retribucións dos Delegados Territoriais, os LD cesados e que seguen cobrando sen facer nada e os parques móbiles provinciais.  Deica agora, descoñezo que a oposición teña unha proposta sobre a Administración; gustaríame coce-la opinión, se é que a teñen.

            Algo que me resulta curioso é como dentro desa órbita política do poder se recorre á ameaza: pois dende Gloria Lago, o mesmo Feijoo, pasando   polo Conselleiro de Educación recorren á ameaza como algo que pon o punto final de calquera discusión. Eu recordaríalle ós ameazantes que é certo que Galicia é pequena e que todos nos coñecemos, pero Vigo aínda é mais pequeno.

            A    visualización da austeridade o actual goberno queda reflectida na partida de 150.000 euros qe Sogama, empresa da Xunta ten este ano pra alugar coches dunha gama similar ós que quere subhasta-la Xunta. ¿De qué sirve o comentario?.

 

 

2 comentarios

Leborán -

Ten razón o autor cando di que Touriño erá un triste, un tío pusilánime, pan comido ("pataca miuda" como diria Caneda) para killers como Feijoo, Rueda ou no seu momento Pita.
O que necesitaban estes era alguén que lles fixera fronte sen medo e sen vergonza (que non sinvergonza, que eso xa o son eles bastante)
Quintana...outro que tal bailaba (sobre todo coas vellas, claro)

Sartalo -

Pois si que está ben representada a Lago na viñeta...maís eu penso que a guerra química sería polo fétido das paridas que bota pola súa boca!!
Jaja,jaja!!