Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A COARTADA

A COARTADA

          Si o goberno ten que devolve-los 1600 millóns de euros  que a Xunta lle debe ó Estado, Feijoo xa dixo donde ían a saír: dos servicios sociais; naturalmente non se van a prexudicar as transferencias a particulares  e as subvencións ós amigos. Feijoo abunda en que non pode devolver o que non ten; leva menos de un ano no poder e xa fixo de Galicia un pais insolvente.

           As promesas electorais non as cumpriu, nin se molestou en intentalo. A dependencia, na que ía a actualiza-los pagos en dous meses, que fixo do tema unha das súas bandeiras de combate contra do goberno, segue esquecida; un asunto pra airealo nos xornais,  e que seguen tapándoo cun tupido velo; por certo, estes días pasados, a Presidencia da Xunta deulle outra subvención a La Voz de Galicia de 120.000 euros. ¿Terá relación con algo?, qué pensades?.

           Si sumáramos tódalas axudas, transferencias e  subvencións que leva feito ós amigos, sen estar presupostadas,  que solo existían na columna do debe dos favores recibidos, teriamos  cartos abondo pra paga-las axudas que prometeu os dependentes, abrir os centros de día rematados e parados, as residencias da terceira idade, e as escolas infantís, do mesmo xeito rematadas e sen abrir.

            Pra retorcerse coa risa, despois de ameazar ó  BNG con tirar da manta, pídelle que lle axude a conseguir mais cartos do Goberno Central. Eu pediríalle dúas cousas: 1º que tire dunha vez da manta pra ver que esconde; non se pode tira-la pedra e esconde-la man.  -Xa vos dixen no artigo publicado o 23 deste mes; habería mais reaccións coma as do Conselleiro de educación-, (que por certo, agora nega que ameazara); son as reaccións típicas de quen carece de argumentos e se sente acurralado, 2º  que  teña algo de testiculina e deixe de poñer coartadas e chorar, se necesita cartros, que suba os impostos.

            Pra mais inri, os cartos indebidamente adiantados non os ten que devolver xa; o primeiro, de tres prazos, ten que devolvelo o 2011, o cal confirma que os está usando como coartada pra recorta-los servicios sociais.  Ademais, ¿ónde meteu eses cartos?.

              É moi amigo de falar en Madrid, como un estadista, onde vota mais tempo que en Galicia, (¿Será por motivos persoais ou políticos?); quere unha lei electoral á medida, non lle importa gobernar contra da maioría, o único que quere e a garantía de que se perpetuará no poder, como Franco.   O que é tan normal en Europa, pactar entre os elixidos nas furnas, el quere prohibilo por lei, pra facilitarlle o camiño o PP, que é incapaz de pactar con nade; e nade quere pactar con eles, agás cun prezo como o que pagou Aznar o PNV na  súa primeira lexislatura.

            Si sumamos os votos da oposición son mais que os seus; gracias a esta Lei Electoral, chamada do sistema D´Hondt, a maioría sae primada no  reparto de escanos; concluíndo: goberna contra da maioría do pais.

2 comentarios

De Cantelo -

A min tamén me gustou moito o muñeco de hoxe. Xa estou desexando que saia outra enquisa sobre os artigos deste mes, porque houbo algún moi bos (o dos mojitos, a segunda parte da galiña azul...etc)
Saúdos

piuxiño -

Tremeeeeeeeeenda a viñeta deste artigo!!!
O que me puiden rir, jajajaja!!!
Moi bo