POLITICOS E MACARRAS
Na festa de Silleda había de todo, do que había non faltaba de nada. Moitos políticos, normal; tamén había macarras; houbo discursos mitineros, vamos, de todo.
Os macarras son persoas, fundamentalme chulescas, cun xeito parasito de vivir, pagados de se mesmo e que pensan que todo lles está permitido.
Entrando na política, podemos dicir que estes días foron días moi revoltos en política, pero o ollo da política galega, o mais salientable, foi a xuntanza de Silleda; alí non foi solo un lugar pra luci-la mantilla española; non estar no evento podíache supoñer que te afastaran do poder; había que demostrar que se era un adepto da causa.
A mesa, á que lle podíamos chamar presidencial, estaba moi poboada, non faltaba o caporal, e lucía, como un unto, a cabeza do Presidente da Deputación Pontevedra. Non sei se repartía tabaco ou outras cousas, porque aquela zona era moi visitada, o mellor solo era pra que os visen, ou pra luci-lo tipo.
Canto mais próximo estabas o poder era sinal de que eras dos afortunados, e eso notábase no lugar da mesa na que estabas; naquel sarao de mantillas españolas e banderilleros importaba, e moito, estar perto do torero.
Quero que, por un intre, pechedes os ollos e fagades unha representación imaxinaria da festa de Silleda: Empezamos polas das mantillas, con capas de pintura pra sacar anos, tantos anos que o final non se sabía que clase de animal era; mozas en idade de merecer, que paseaban inquedas, cunhos vestidos curtos e tacóns e unhas pernas largas, largas.......Os persoeiros vestidos de banderilleros, entre os que sobresaía Louzao, na primeira fila, a pelo, é un dicir, cunha cabeza como un unto brillando baixo o sol, o estreito traxe facía que as xenerosas carnes se lle desbordaran; ningún gaiteiro; cando o toureiro fixo o paseillo pra ocupa-la presidencia da mesa, os muletillas tirábanlle os capotes o seu paso; as señora de peineta e mantilla lanzábanlle maliciosos bicos( algún home tamén), as mozas retorcíanse, xirando á dereita e esquerda pra qque se lle viran os perfiles. Negreira non estaba, fora o Cuartelillo pra presentar unha denuncia contra dun camareiro bébedo que lle quixo trincharlle a cara, o confundi-la cun molete de pan. Moitos pensaban que ía na Garda Civil pola trama Gürtel, pero non , de momento todo está ben atado; o día que se solte vai cubrir a moitos de merda.
O goberno da Xunta recorta en gastos sociais, pero a festa de Silleda era a típica dunha casa grande. ! menuda enchenta!,
A entrada á casa de Pachi Vázquez, estaba bloqueada por unha manifestación de unha ducia de seareiros do PP; Pachi aínda non sabe do poder dun alcalde do rural; a mais a que se lle ocorre reformala cociña da vivenda e cambiar as portas interiores e outras cousas, sen o permiso do alcalde. Se o Axuntamento lle corresponde cobrar unhas taxas polas obras que fixo, hai uns canles legais pra facelo; ou non está moi claro o devengo das taxas, ou se lle quere intimidar pra que non fale dós que con diñeiro público promoven mocións de censura, provocan a inestabilidade nos Concellos e perverten o sistema democrático. Por certo, unha moción do Grupo Socialista do Parlamento Galego pra que o Tribunal de Contas investigara a contabilidade da Deputación de Pontevedra e uso que fai dos diñeiro de todos, foi rexeitada polo PP.
4 comentarios
Castrelos con Cachelos -
Fanse moi divertidos os artigos cando presentas este tipo de situacións con humor.
Parabéns
sartalo -
Mellor así, porque é a única maneira de facer dixerible o des-goberno destes do pepeiros.
Fai falta alguén con ganas de tomarse a cachondeo esta praga que se nos veu enriba.
Talogo!!
Leborán -
Eu é que escacho, meu. Menuda imaxinación tes!!!
Ata sacas algo divertido duns tíos tan tristes...ja,ja...
piuxiño -