OS VENTOS DA DISCORDIA
Zoa o vento en Pena Partida, son ventos que traen a chuvia do outono; nas carballeiras soa un mormullo lastimeiro que chora o tempo que pasou; un outono que esta deixando as polas dos carballos denudas, e o chan cuberto de follas secas, que agochan os ratos que andan á busca de landras pra pasa-lo inverno.
No souto do lado as castañas seguen caendo cunha cadencia, solo alterada polos refachos de vento. Cando chegue a noite aquel tamén será o lugar dos porcos bravos.
Son ruídos de sempre, cuxo orixe se perde na noite dos tempos; agora temos os dos xigantes plantados no outeiro grande; moven os seus enormes brazos como se quixeran coller o vento coa súas poderosas mans. Dicen que tamén os van a instalar nos outeiros pequenos. Antes coa repoboación forestal deixáronnos sen monte, agora quérennos deixar sen vento. Prometéronnos que íamos ter unha pequeniña parte no negocio, pero a cousa deu a volta e quedamos sen vento e sen participación; foi como sacarlle unha lambetada a un neno, E se protestamos seguro quen nos mandan a Garda Civil.
O asunto vai traer rabo, xa que agora o TSXG, dictou un acto conforme ó que se suspende provisionalmente a adxudicación do concurso eólico. Neste auto cada un parece que ve o que lle convén; namentres a Xunta de Feijoo ve un respaldo a súa decisión de paraliza-lo proceso de adxudicación. A doutrina científica amosa a sorpresa polo sorprendente auto, xa que se aparta do criterio seguido en actuacións precedentes, no que era moi restrictivo a hora de dicta-la suspensión, contra da eficacia inmediata dos actos administrativos.
A opinión da Xunta carece de rigor científico e soamente ven a resolución como un seareiro de parte, pola contra, comentaristas expertos na materia, amosan a súa perplexidade polo auto, xa que o prexuízo sería maior coa paralización do proceso, que levará á perda de beneficios económicos que outorga a Administración Central, e o recorrente non se lle esixe caución pra responder, no seu caso, deses prexuízos.
Da sociedade recorrente é accionista un alto cargo de La Voz de Galicia, de ai a campaña mediática que organizou a Voz de Galicia, co gallo do reparto, e apostura do inxenuo de Touriño.
Ó menos, dous beneficiarios do reparto do eólico personáronse como parte no proceso, pra opoñerse ó demandante, pero a Xunta non se personarse pra defensa dos seus propios actos.
Pros beneficiarios no reparto o Auto non é malo, pois aínda que non crea xurisprudencia, porque eso é solo competencia do Supremo, si crea un precedente, no que apoiarán as súas peticións de suspensión. Esto vai ser un proceso longo e liado
0 comentarios