TOMAR COMO EXITO UN FRACASO
Malia a haber neste exercicio un 66% mais de incendios que nos dous exercicios anteriores o Conselleiro de medio Rural fixo un balance positivo do mesmo e amosouse satisfeito da campaña; claro se este non fora un verán de chuvias, o resultado sería de catástrofe.
O dispositivo contraincendios deseñado polo bipartito non valía, porque eles teñen orde de borrar todo vestixio do goberno anterior, e eso é o único que fan. Non sei si consideralos uns burros, uns irresponsables ou uns ineptos; pode que as tres cousas.
Dicían que tiñan o mellor sistema contraincendios; tiñan razón. A chuvia natural é o mellor sistema contraincendios, e Feijoo, que manda mais que Deus, decidía cando tiña que chover; xa se veu o efectiva que é a auga contra ó lume, en canto paraba de chover ardía o monte.
Si algo fallaba tiñan outra valiosa arma, a falla de información. Din que o que non se sabe é coma si non pasara. Pra facer un engano masivo, pra ter a un pobo adormecido é necesario telos mal informados, e neso o PP é especialista.
0 comentarios