Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MEGAPIXO

MEGAPIXO

               Non me refiro ó órgano reproductor masculino, non se trata de ningún falo xigante. A palabra, como diría Cela, pode ter moitos significados; neste caso, é o dun tío con aspecto galáctico. (en castelán un megapijo). A reacción inmediata é de que se apodera de nos unha irracional gana de cargárnolo; alguén se nos  adiantou, é cubriuno de merda.

                 Do  xeito en que o cargaron, e a incongruencia   das  inculpacións fai xurdir  en nos  unha corrente de simpatía, hacia,o que outrora lle pisaríamos a cabeza.

                 Como el dixo, non formaba parte do goberno pra ter poder pra dicir a quen se lle adxudicaba un contrato; ademais, de antes, mito antes de ser nomeado pro cargo xa se viña traballando coas empresas da trama Gürtel.

                 Intentou votarlle un pulso a Génova,  esixindo que se abrira unha investigación. Eso debeu ser como un tremor, mentar a  corda na casa do aforcado. A corda, de sempre, rompe polo lado mais floxo; o  mais floxo era el. Non facía falta que tivera, ou non tivera algo que ver co tema; había que poñer un cortalumes, evitar que as labaradas chegaran a Génova; e   tocoulle.

                 El pensou que o seu cese ía ser temporal, que despois da investigación e que se demostrara a súa inocencia, ía volver o  cargo. Si era un inxenuo, A Cospedal, como pretoriana do PP, despexoulle toda dúbida: nunca mais volvería ó cargo.

                 O xogo da política é así; un xogo sucio, no que se pisa  a cabeza de quen sexa pre salva-la propia. Así, o que se mete neses xogos, sabe ó que se xoga e o que pode sacar. Moitos van coa idea de encherse, e consíguemo, outros queda sen pelotas.

 

2 comentarios

Leborán -

Feijoo non sei se terá o pixo moi grande, pero hai que recoñecer que lle bota unhos güevos á cousa que manda nabo, oh!!!

sartalo -

jo,jo...xa sabía eu o domingo cando colgaches o adianto da semana que este sería un artigo divertido e non me enganei. O megapixo!!!