MIL PRIMAVERAS MAIS
Fai tempo que aquel bardo, chamado Álvaro Cunqueiro, pedía mil primaveras mais pra lingua galega. Nade pode negar que dende Rosalía, o galego vive hoxe un perigo meirande. A actual Xunta, ó mando de Feijoo, co guieiro de un reducido grupo de iluminados, pretende extermina-lo galego e deixalo reducido a unha representación folclórica.
Non podemos seguir descansado na autocomplacencia, á que nos levou a livián, pero ilusiónante, política dos distintos gobernos da Xunta dende a restauración da democracia.
Agora, inopinadamente, os lobos reproducíronse, aínda non son moitos, pero fan moito ruído, e ameazan o xeito de vida tranquila que levabamos, son lobos famentos, adestrados pra atacar a todo o galego. Esta caste de lobos asilvestrados, conducidos polo xefe da manada, ó que chaman Feijoo, baixan dos montes ouveando, metendo medo á xente e tomando ó asalto Santiago. Se queremos que deixen as lobeiras nas que crían, tanto en San Caetano como no monte Pío e volvan pra fraga, arredados da xente, temos que traballar duro e sen pausa; non pensemos que porque son poucos non son perigosos, así empezaron tódolos fascismos. Non podemos deixar que se multiplique e que vivan agosto entre nos.
O día 18 houbo en Santiago unha multitudinaria xuntanza de homes, mulleres, nenos e nenas, marcharon polas rúas da cidade, facéndolle saber ó mundo, especialmente a Feijoo, que Galicia non se rende, loitará pola súa identidade; ningún líder ocasional, co seu grupo de iluminados, nos vai meter na caverna.
Foi, a do día 18, unha manifestación multitudinaria e plural; segundo a policía municipal, mais de 50.000 persoas; unha marea semellante a do Prestige. Había xente galegofalante, a maioría, pero tamén había xente, que a cotío, non fala en galego, pero que é consciente do que supón a perda dunha cultura. A do día 18 foi unha marcha de conciencia e orgullo.
Na manifestación había xente de todo o arco ideolóxico, mesmo do PP. todos loitando polo que nos une. Foi a marcha pola dignidade.
A manifestación ten mais mérito, sabendo que non foi financiada, nin promovida, polos poderes públicos, eses que utilizan o noso diñeiro pra financiar accións contra do propio pobo
Preguntáronlle a de Galicia Monolingüe que opina da manifestación en prol do galego e contestou: “que se manifesten, así, están entretidos”; así é como pensan; pola miña parte que conten co me desprezo.
Non sei de nade que lle preguntara a Feijoo polo tema, seguro que está aillado na súa fortaleza de Monte Pío e solo escoita ós da panda, non escoita o que pasa na rúa. vaille a pasar algo parecido a Touriño; de feito xa está baixando nas enquisas.
Galicia non se rende, vivamos en galego.
0 comentarios