NOVOS TEMPOS
Non teñen porque ser mellores os vellos tempos, pero parece que sempre hai quen nos los quere recordar.
Calquera que vira as contas que nos preparou Feijoo pro vindeiro ano quedase perplexo. Polo menos a min no me cadra as contas: De entrada, prometeu non subi-los impostos, pero emite débeda por mais de 1.700 millóns de euros; o que é o mesmo, pobreza pros vindeiros anos. Confeso que me pon dos nervios estes orzamentos; en liñas xerais, aínda que Sanidade i Educación, que son servicios esenciais, cómense unha gran tallada dos orzamentos, metéronlles uns tiseirazos grandes, reducindo as súas partidas en 30 e 40 millóns de euros, respectivamente. Conxélanse as retribucións do persoal, minimizase os novos accesos á Administración pública, pero a partida orzamentaria incrementase non 2%; non hai recortes nalgunhas transferencias correntes, non se mantén un ritmo de inversión que axude a saír da crise, pero métennos nunha débeda de vértigo.
Un principio esencial en economía aconsella as inversións públicas pra que tiren do consumo. Tamén é unha regra que solo se debe recorrer ó endebedamento pra inversión productivas; o contrario sería adiar o pago de unha carga tributaria ós futuros gobernos e xeracións.
Se os orzamentos os fan con escuros inxenios, que solo entenden os iniciados; nestes foi unha técnica de enxeniería: as inversión van e ve veñen, ó final desaparecen; e solo nos queda o asombro de que será o capital privado o que inverte.
Dáse entrada o capital privado en Sanidade, especialmente pros complexos hospitalarios de Vigo e Pontevedra; os efectos inmediatos é a privatización da Sanidade.
Conxélase o acceso a Función Pública, eso é unha consecuencia inmediata. A reducción de prantilla e a dismininución do gasto de persoal; se a esto lle engadimos unha conxelación salarial, non nos cadran os datos, xa que presupostan un incremento pra este concepto de case un 2%, ¿Que esconde, cal é o obxectivo?. O que esconden é un ogo de maxia: disminúen as retribucións do persoal directivo nun 3%, pero increméntalles os fondos das súas tarxetas ouro nun 15%.
Desminuen a partida de gastos correntes, logo, algunhos conceptos increméntanos; incrementan as transferencias a Entidades privadas. No capítulo de gastos sociais, fan dun xeito que semellan os dentes dunha serra, pra ó final constatar que, en conxunto, baixaron.
Fomento da lingua baixa un 20%, e gracias.
Esperan, digo ben, esperan que a financiación privada cubra, polo menos un 10% das inversións. Falta a letra pequena: un 10% respecto a qué, en qué condicións, en qué infraestructuras.
Os orzamentos semellan os ollos do Guadiana, cos que aparecen e desaparecen; foi a maxia.
Non e está claro en que empregan a monumental débeda, pero dos incumprimentos, o mais socorrido, a culpa tena Zapatero
0 comentarios