Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS CUCHIPANDAS

AS CUCHIPANDAS

 

 

           Medra o número de familias sen ingresos porque teñen a tódolos seus membros en paro, pero !tranquilos!, o PP está a sementar as Américas con cuchipandas.

           Un goberno que se dedica a gobernar, que ante todo pensa no benestar dos seus cidadáns; mellorando a Sanidade e a Educación, mimando a  cultura, non vai gasta-los cartos en festas, cuchipandas e en formar a vontade dos votantes.

           As boas cousas non poden demorarse; sabedes que unha arbore cando é nova domase ben, incluso se pode facer unha viorta, pero  de grande, imposible domala.

           Falta moito tempo pras eleccións, pero o PPg xa empezou a precampaña  na emigración. En Bos Aires, o presidente da casa de Ourense, tamén concelleiro en Bande, (moi importante este dato), actúa de coordinador dos muñidores de votos. O líder deu un mitin cun dispendio de medios que sonroxa a calquera manirrota;  vexamos: transporte, comida e grandes atraccións musicais; todo gratis. Na casa de Ourense recollíanse as invitacións coa presentación do pasaporte, fotocopia do que se debe acompaña-lo voto, no seu  momento; curioso, moi curioso. Estes si que saben face-las cousas. Nada de mojitos, convite oficial e en plan probe; cuchipanda, transporte e atraccións musicais gratis; eso si, dándolle ó coordinador de muñidores o pasaporte. Alí, pese o dispendio económico, non se daba puntada  sen fío. Ánxela Bugallo !que inxenua fuches, e que mal te trataron!  

           A Xunta invita a viaxes a España, !quen non o aproveita!. Por cortesía da Deputación de Ourense, disfrutaron dunhas vacacións de quince días, tempo que tamén serviu pra dar un cursiño acelerado  de muñidores de votos, un recorrido pola provincia pra facer unha lista de votantes. Estes dicían que ían acabar con esto cando gobernaba o PSOE,.

            Non será o mesmo os gastos de asistencia dun concelleiro que reside no termino municipal, que un que  reside na Arxentina. Non importa, Bande é rico. Cos concelleiros vivan onde queiran, pero as viaxes   que as paguen do seu peto.

8 comentarios

Val Miñor -

jajaja,,,ja!!!
Mira que me río as veces cos comentarios. Moi bos...

Uriberto -

Xa dirás!!!
San Caetano está cheo de bos bandullos. Pasan un e outros polo poder, pero o que non falta e boas barrigas engalanadas con luxosas garabatas e enfundadas en agarimosos traxes.
Supoño que esa é a oligarquía política que merece un país tragón como o noso, inzado de festas larpeiras e paparotas por cada recuncho da súa xeografía.

Pepe -

Meus queridos foreiros, amigo administrador...as cuchipandas non son máis que unha evolución do sistema político instaurado en Galicia co advenemento da Autonomía.
O seu máximo expoñente, o ínclito Fernández Albor, alias "merendiñas", está a ser agasallado sen pausa estes mesmos días no que parece unha volta do mesmo xeito de entender a política:
Unha reunión de amigos, un coro de palmeiros dándose apertas ao pe de xugosos canapés, unhas señoritas ben aliñadas que dan realce ao acto, medallas por aquí, viños por alá...e namentres o país á deriva e a xente do común nos biosbardos, pasmada.
Non se pode negar nin que Feijoó carecera de bos mestres neste arte da farándula nin que perdese o tempo en imitalos e se cadra en superalos. Non leva máis que seis meses (joer, mesmo parece que leva seis anos) e non fai máis que cuchipandas e merendiñas...
Gobernar??? Iso que é???
Que máis ten, os bandullos ben cheos...como di a viñeta!!!

Sartalo -

Nos medios non sae ningún tipo de reacción ao réxime gobernante porque o medo é libre, e as subvencións moi golosas, eso xa o sabemos todos. Daquela o que non trascende axuda a manter a opinión pública sumida nun estado de letargo como o que estamos a padecer.
Por riba cando se organizan movementos cidadáns como a recente manifestación en defensa da lingua galega, de grande éxito participativo, son sistemáticamente silenciados e desprezados.
Asi nos vai, os que tiñan que levar a cabo un exercicio de crítica, os medios, ao máis puro servizo do poder.
Lamentábel.

eu o autor -

É raro, coa que está caendo,non se ten armado ningunha bulla, nn en San Caetano, nin no parlamento. Da a sensación de que vivimos nun mundo irreal. A corrupción,a tomadura de pelo, o mexar por nos, parecen do mais normal.

Nos mesmos -

iso é...barra libre, invita Feijoo. Lástima que o paguemos entre todos!!!

piuxiño -

ja,ja...de onde sacarás esas viñetas tan divertidas??

lorcho -

Pois é certo, medran as familias galegas con todos os seus membros no paro...esto é un escándalo...mais non!!!
Todas agas aquelas familias que de súpeto teñen todos os seus membros...na xunta!!. Que me dicides do escándalo das oposicións de Administrativos.
Xa se sabe, as crisis son sempre para os mesmos. Vese que as familias populares, por aquelo da selección natural, cando pior están as cousas, mellor lles vai a eles...