ÓS QUE MARCARON O VIEIRO
Parece que a maioría optou polo artigo, no que nos referíamos á memoria, ó legado de identidade que nos deixaron moitos persoeiros, pero outros moitos que nos precederon, ó mellor sen pretendelo, deixáronnos o sedimento da nosa identidade, un espírito de rebeldía indefinida, que nos permitirá enfrontarnos con decisión e sobrevivir como pobo, nos escuros e difíciles días que nos agardan.
Si temos o valor e a sabiduría de camiñar no futuro, do mesmo xeito que o 18 en Santiago, si todos marchamos xuntos pola dignidade e a liberdade, veremos florecer moitas primaveras como pobo, e nin Feijoo, nin Gloria Lago serán quen de matalo.
Un pobo cando perde a memoria deixa de existir, mentres teña memoria existirá e non haberá Feijoo, nin Gloria Lago, que o borre do mapa. Por certo, unha gris e mediocre profesora de inglés non é merecente de tanta atención.
Tanto na guerra como na posguerra houbo unha represión brutal na poboación civil. Despois de case setenta anos os descendentes dos represaliados aínda viven co medo no corpo, non queren falar daquela noite na que os fascistas sacaron da cama os seus, pra asasinalos e enterralos en lugares apartados, en fosas comúns, como se foran animais.
Son moitos os lugares de Galicia nos que se viviron traxedias; non os poderíamos citar todos, nin sequera a maioría, faría falla moito tempo e un libro pra dar cabida a todos.
Xente que se dedica a investigar e recoller datos, atópase, aínda hoxe, con muros infranqueables, tanto do lado dos represores como das víctimas. Os represores atopan o silencio cómplice e a protección de algúns sectores oficiais e dos herdeiros; estes últimos nalgúns casos por convicción ideolóxica e noutros, cecais por vergoña dun pasado. As víctimas, aínda hoxe, viven co medo e coa desconfianza, algo que non é doado de esquecer, despois de moitos anos de sufrimento que marcaron a súa vida.
Os falanxistas daquela, a maioría,non tiña ideoloxía algunha, o mesmo lle servía un bando que outro; solo tiñan un credo: a violencia gratuíta, diusfrutaban torturando e asasinando. Eran a escora humana dun tempo violento,
Solo como exemplo, algúns casos que teño oído, son fortes e non podo ducomentalos, cheron a min como relatos de feitos, supostamente certos; haberá moitos, incluso peores, porque cada cidade, cada barrio e cada aldea teñen a súa historia, imos contar a dunhos lugares sen nome. A Lagua, o Peregrin, ese era o seu apodo, cástrano en vivo, logo sóltano polo monte abaixo e os mesmos falanxistas que o castraron, mándalle escapar e practican o tiro con el, pra ver quen ten mellor puntería, hasta que o matan.
Nun lugar da zona dos Ancares asasinan a un home, antes de asasinalo violan a muller, que tiña un neno nos brazos, logo matan o marido e sácanlle a cabeza pra xogar o fútbol.
Valentín, aínda e novo, un rapaz, vai coa ovellas pro monte e tropeza cos falalanxistas, pídenlle un carneiro pra comelo, pero non lle lo da; préndeno e lévanmo con eles, con tan boa sorte pra Valentín, que unha persoa, á que os falanxistas lle tiñan medo, libérao.
Nun lugar das Rías Baixas, chegada xa a democracia, a unha persoa ocórraselle facer un reportaxe sobre a era escura, tivo que dar marcha a tras a moviola e o reportaxe desapareceu. Non nos estrañemos que as víctimas teñan medo. Os asasinos morreron en paz.
Tamén nun lugar das Rías Baixas, violaron as mulleres de unha suposta desafección co glorioso alzamento e rapámballes o pelo, pra escarnio.
Mellor deixalo.
0 comentarios