Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MAÑÁ SERÁ OUTRO DIA

MAÑÁ SERÁ OUTRO DIA

                

            O mellor  mañá gobernan, agora teñen que destruí-lo pasado, e pensar como  van argalla-lo futuro.

             Estou esperando, devezo por ver, o mesmo que moita xente, unha medida de goberno positiva pro pais, que non consista en borra-lo feito. Feijoo adía, sen data, a celebración do debate sobre o estado da autonomía, porque se atoparía cun balance desolador, de feito, dende que hai autonomía non houbo un goberno tan desnortado e con tan mala fe. Eu sempre dixen que era un goberno de bonsais, pero coido que fun demasiado xeneroso, mais ben, son as raíces núas dos bonsai. Si o goberno lle fixeran un encefalograma daba plano, e pensaríamos que  xa está morto. Ben pensado, sería mellor, así non escarallarían o pais.

             Falando de escarallamentos, a Pescanova non lle chega con escarallar Touriñán, agora quere axudas económicas pra escarallalo. Atentos á xogada.

              Feijoo pediu un informe a un bufete de Madrid que traballa pro PP, que xustfique o do eólico, normal; pídese un traxe á medida a un xastre de confianza; o prezo, non importa; a Xunta sóbranlle os cartos, e senón aí están os presuntos beneficiarios pra poñe-la pasta.

              Din que temos que aprender inglés, que é mais útil que o galego, e tamén o castelán, así sentiríamos unha comunión universal; pero deixaríamos de existir como pobo, aínda que nos axudaría a emigrar; eso é o que pretenden, que nos esquezamos da nosa cultura e emigremos.

              Un 30%, mais ou menos, dos menores de 25 anos están no paro. ¿votaríanlle a Feijoo?, ¿ volverían  facelo?.

               No debate dos orzamentos, Feijoo deu marcha atrás, se alguén o dubidaba ten a marcha atrás,  e seguirá co complemento autonómico das pensións. O mais chungo foi cando lle dixo ó do PSOE quen non sabía ler, el quixo dicir, adiviñar, i é que pre ver cousas hai que estar vivo.

2 comentarios

Chusquiña -

Feijoo non vai marcha atras, vai cara adiante, o que pasa e que como está de cu, pois por iso se había de avanzar, cada vez vai máis para atrás.

Leborán -

O do traxe á medida a un xastre de confianza referíndote ao informe do eólico parece que o dis con dobre significado, sobre todo nestes momentos coa que esta caendo no PP por culpa dos traxes e os xastres.
Moi atinado!!!