UNIDOS POLA CORRUPCION
No aire flota unha sospeita indefinida; cando falamos da moralidade dun político, damos por suposto, cando menos, que é dubidosa; razóns non faltan, non porque os políticos sexan uns corruptos en si; senón polas noticias que día a día gotean os medios de comunicación sobre as intervencións xudiciais.
Dicía unha cidadán que, o emiti-lo voto o faría independentemente da corrupción; o cal nos fai pensar, si extrapolamos a opinión, en que os votantes ven os políticos como, cando menos, propensos á corrupción, moi na liña do párrafo anterior.
Co desprestixio da clase política, urxe unha reforma electoral establecendo o sistema de listas abertas, pra que poidamos escolle-la opción política e o candidato; certo é que con este sistema moitos políticos irían ó paro, pero no é menos certo que moitas mediocridades que fixeron da política o seu medio de vida, non o van permitir; sería como asina-la súa sentencia de morte.
España é un dos paires europeos mais corruptos, en parte, a culpa tena a estructura electoral que nos demos; gracias a ela, moitos políticos viven a corpo de rei
Ultimamente, raro é o día no que nos espertamos con novos casos de corrupción. Agora a corrupción xa non é privativa dun partido, abrangue un amplo espectro ideolóxico. Os votantes asimilan ese dato e emiten o seu voto sen que lles condicione a corrupción.
Témome unha perversión democrática, e que os cidadáns asocien democracia con corrupción; pra evitalo descrédito da democracia urxe un saneamento da política, mete-lo bisturí a fondo pra separar o podrido e evita-la gangrena. Temos que ter asumido que non será un proceso doado, xa que, en non poucos casos, a podredume está moi arriba.
Non coñezo ningunha moción de censura, nos concellos, que se apoie en causas que teñan como obxectivo o intres xeral; apélase a razóns manidas como o desgoberno, pero son precisamente os que promoven as mocións os que fan ingobernable o concello. Os concellais que mudan á chaqueta fano por razóns que non poden ser consideradas altruitas, nin de intres pros veciños; senón persoais, no que, case sempre, media algunha dádiva ou emprego, xa sexa na empresa privada, ou na Administración Pública
Pra evita-lo mercantileo das mocións de cesura, o alcalde sempre debe ser da lista mais votada, pra elo é necesaria unha segunda volta lectoral, cando non haxa maioría absoluta; un pouco distinta do que pretende o PP, que dito sexa de paso, menudo papo teñen, ó face-la proposta. Por outro lado as actas de concelleiro obtéñense nunha lista pechada e, en ningún caso deben ser propiedade do elixido; cando se vota, vótase a lista; se alguén se quere ir que se vaia, pero sen a Acta; dese xeito non habería nocións de censura.
0 comentarios